Despois da última sesión de clase, teño sentimentos encontrados. A experiencia de aula vivida o día 3 de febreiro, foi tan dura como entretida. Costa afacerse a idea, como moi ben di a miña compañeira Ana, de que se descoñecen elementos tan cotiás e útiles como poden ser estas aplicacións: Symbaloo, Pinterest e ChatterPix Kids tan coñecidas polas persoas asiduas a esta vida tecnolóxica.
Foi nese intre cando me din conta de que, as TIC coma todo, son unha cuestión de linguaxe e de actitude. Actitude positiva e crítica hacia a innovación tecnolóxica que tanto nos ten que ofrecer e que tan ben descoñecemos. E linguaxe, descoñecido, xa non só polo nome das aplicacións e o seu uso, senón tamén pola forma na que mutan esas propias palabras ata derivar en verbos, adxectivos, ou interxeccións: co Pinterest pineas pins, cos que podes acceder ós bloggers que os bloggearon... auténticos trabalinguas!
Desculpade a miña ignorancia; pero eu sigo aprendendo, e como en todo bo proceso de ensinanza-aprendizaxe, para poder construír algo novo, teño que destruír os antigos muros que me impedían avanzar neste campo. Por iso o meu propósito vai ser deixar de cuestionarme se son ou no necesarios para a sociedade, para a educación ou para a miña vida privada, e comezar a coñecelas ó longo e ó ancho para poder valoralas de forma crítica.
Para pechar este post (dise así?) quero convidarvos a unha reflexión:
Quizais isto é o que tódalas persoas, en maior ou menor medida, perdemos coa idade, a necesidade de experimentar ata atopar o significado que o mundo ten para nós. Ou vai máis vencellado coa personalidade? 😉
Quizais isto é o que tódalas persoas, en maior ou menor medida, perdemos coa idade, a necesidade de experimentar ata atopar o significado que o mundo ten para nós. Ou vai máis vencellado coa personalidade? 😉
Ningún comentario:
Publicar un comentario