Ola a todos! Querovos comentar que para remata-la sesión desta semana, a gran novidade foi: ChatterPix Kids! Tratase dunha aplicación, que polo de agora soamente está dispoñible para ipods e iphones, que nos permite animar obxectos da nosa contorna dun xeito moi sinxelo e intuitivo. A esta animación podemos añadirlle voz, polo que os seus posibles usos e aplicacións son tantas como a nosa imaxinación nos permita!
Cris e máis eu fixemos as animacións orientadas a cómo se lle poderían presentar algúns dos elementos dunha escola ó alumnado que chega novo. Como mostra deixovos unha das dúas animacións que fixemos. Agardo que vos guste tanto vela como a nós facela!
Indagando na rede, atopei un exemplo de uso xenial para esta aplicación! O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria do colexio CRA Las Cañadas, en Segovia, creou un árbol xenealóxico dos reis de España empregando diferentes aplicacións, como Popplet ou YouTube, entre as cales se atopaba ChatterPix Kids, e conseguiron un resultado alucinante! Mediante unha técnica colaborativa e de cooperación, repartiron o traballo de busca de información, e xeraron un mapa conceptual en Popplet. Unha vez feito isto, empregaron ChatterPix Kids para engadir unha frase sobre a vida dese soberano en concreto, de xeito que a dicía en primeira persoa! O resultado paréceme marabilloso e quero compartilo con vós! (Actividade 9, páxinas 97 e 98)
Que usos se vos ocorren a vós? Non dubidedes en compartir!
Ata a próxima amig@s!😎
Que usos se vos ocorren a vós? Non dubidedes en compartir!
Ata a próxima amig@s!😎
Ningún comentario:
Publicar un comentario