Etiquetas

mércores, 15 de febreiro de 2017

ACTIVIDADE TEMA 1 - Diferencias tecnolóxicas no facer a través de dúas xeracións

Na actividade obrigatoria proposta na sesión de aula teórica do tema 1, fíxosenos reflexionar sobre o contraste existente na forma de afronta-la vida cotiá de vai uns anos ata agora. Para iso, tivemos que pensar en dúas actividades que os nosos proxenitores realizaran de forma diferente a como a realizamos hoxe en día, e que esa diferenza radique no uso da tecnoloxía.
Despois de pensar nas miñas actividades cotiás, decidinme por compara-la forma na que se xestiona unha viaxe longa ou unhas vacacións e a forma na que se facían e fan as felicitacións de aniversario.
No caso da xestión dunha viaxe a diferencia faise máis notoria na participación activa do individuo. Mentres os nosos proxenitores optaban maioritariamente por acudir a unha axencia de viaxe, na que, tras facilitar os datos pertinentes ofrecían un paquete de viaxe cerrado máis ou menos adaptado ás características das persoas interesadas. Na actualidade é o propio usuariado o que, dende o lugar que desexe, no momento que desexe pode organizar a súa propia viaxe, co nivel de concreción que desexe. Na actualidade posúese un maior grado de autonomía, pero tamén de responsabilidade, sendo necesarias competencias para poder manexarse nese entorno e sacarlle o proveito desexado. Non basta con contratar servizos, tamén cómpre saber buscalos, analizalos, comparalos e tomar unha decisión favorable e responsable. Neste aspecto cobra especial importancia a educación para axudar a cada persoa a descubrir as competencias necesarias no manexo destes recursos dunha forma crítica e adecuada.  
No caso das felicitacións do aniversario a diferencia maniféstase en diferentes planos: dende a forma de recordar ata a forma de tramitala. Hai anos os aniversarios recordábanse gracias á propia memoria de cada persoa, e tramitábanse ben por cartas persoais, incluso postais feitas para os aniversarios, ou por teléfono, de forma colectiva, na que todas as persoas que formaban parte do fogar, se colocaban ó redor do aparello para poder aproveitar unha única chamada. Na actualidade, a meirande parte dos casos nos que felicitamos a alguén, tende a ser gracias a un recordatorio instalado nalgún dispositivo externo a nós; ben sexa virtual, unha memoria virtual adherida como complemento dalgunha app, ou na memoria de algún aparello electrónico. Se temos iso en conta, temos que recoñecer que se fixo un transvase da nosa propia memoria a outros dispositivos, feito que nos fai dependentes deles; xa non son só ferramentas, agora son parte de nós.
Seguindo co análise das diferenzas na maneira de felicitar, cómpre falar da forma: na actualidade, ó saíren dos propios dispositivos non levan a pegada da persoa, no sentido máis físico; pois sexa vía app, ou vía mensaxe de calquera índole, o formato que nos chega ten como único testemuño da súa orixe o remitente do mesmo, posto que nin a letra nin a sinatura o transmiten. A pesar diso, hai que ter en conta que tamén se nos brinda a posibilidade de facer felicitacións “en directo”, é dicir mediante vídeo chamada ou programas que permitan conexión inmediata, co cal se crea a sensación de estar compartindo o mesmo espazo e tempo, o que fai máis próxima a situación.

Dende logo, o que si queda patente é a necesidade de entender o poder que se lle conferiu ás TIC e a súa labor no noso día a día. O feito de que hoxe en día se considere que vivimos na sociedade do coñecemento non é algo illado, senón que revela a transcendencia da tecnoloxía, e en particular da Tecnoloxía da Información e da Comunicación na nosa forma de vida, como individuos e como persoas pertencentes a unha sociedade. 
Esta realidade fai que a sociedade en xeral, e a docencia en particular teña que tomar conciencia da importancia de incidir na educación dunha nova competencia que precisamos para manexarnos con elas, e potencialas para que o seu uso sexa inadecuado ou abusivo. En palabras de Inmaculada Fernández Fernández (2010):
Si queremos que nuestra sociedad no solo sea de la información, sino también del conocimiento, será necesario trabajar desde un enfoque pedagógico para realizar un uso adecuado de las TIC, a través del cual la creación de comunidades de aprendizaje virtuales y el tratamiento de la información, la generación de nuevas estrategias de comunicación y de aprendizaje sean imprescindibles.
Por iso, e seguindo a esta mesma autora, entendemos que o uso destas tecnoloxías a nivel escolar non radica na formación en contidos, senón que se basea na necesidade de ensinar a aprender durante toda a vida. O importante pasan a ser as competencias, a capacidade analítica e de decisión do alumnado en diferentes situacións vivenciais; non só en ter informaicón, senón tamén en ser quen de seleccionala, analizala, criticala, desbotala e saber utilizar de forma responsable a información, que non esquezamos, está ó acceso de todo o público. O coñecemento adquiriu un papel secundario, cedéndolle o protagonismo ás operacións que realiza el cerebro con ese coñecemento.
Lóxica consecuencia desta concepción é a transformación do papel do profesorado, deixando de lado o papel de transmisor de información e pasando a desempeñar un papel de facilitador, asesor e deseñador do aprendizaxe, procurando proporcionar unha estrutura inicial que propicie a súa interacción e na que se contemplen diferentes perspectivas de traballo (Cabero Almenara, 2007).


BIBLIOGRAFÍA
Cabero Almenara, J. (2007). Las necesidades de las TIC en el ámbito educativo:
oportunidades, riesgos y necesidades. Tecnología y comunicación educativas, 21(45), 5-19. Recuperado de http://cmapspublic2.ihmc.us/rid=1M92QZKRZ-XM42B8-1QZZ/caberne.pdf (02/03/2017).
Fernández Fernández, I. (2010). Las TICs en el ámbito educativo. Eduinnova

21. Recuperado de http://www.eduinnova.es/abril2010/tic_educativo.pdf (02/03/2017).

2 comentarios:

  1. Buena reflexión! os pediría que la hicieras extensible a las implicaciones que este cambio de panorama tiene para nosotras como docentes, ¿qué tendría que cambiar en el aula? ¿qué competencias son necesarias? ¿qué papel tienen los contenidos?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Estívenme documentando un pouco, e añadín ás novas conclusións ás que cheguei. Un saúdo.

      Eliminar

Cute Black Pencil