Ola camaradas!
Na sesión de hoxe aprendemos a empregar algunhas novas aplicacións, e tamén coñecemos máis profundamente ó pedagogo mundialmente coñecido, Johann Heinrich Pestalozzi.
Como paso previo ó desenvolvemento do traballo, foi significativa a toma de conciencia sobre a importancia que teñen as aportacións pedagóxicas precedentes na nosa formación, ás que debemos achegarnos con curiosidade e interés, xa que serán os faros que alumeen o noso camiño profesional e persoal. 🎇
Dado que o noso obxectivo era crear un cuadro de realidade aumentada sobre Pestalozzi, tivemos que seguir unha serie de pasos para acadalo, polo que o noso fluxo de traballo foi: en primeiro lugar, empregamos Pinterest para crear un taboleiro exclusivo para o autor, integrando no mesmo aqueles datos importantes e característicos deste sobresaínte pedagogo. A continuación, filtramos e estructuramos toda a información para poder xerar un mapa mental no que se relacionen os principais contidos relevantes sobre a vida e a obra de Pestalozzi. Para elaborar dito mapa mental, empregamos Popplet, que é unha aplicación que nos permite estruturar e organizar as nosas ideas de xeito gráfico, ademáis de contemplar a posibilidade de traballar de xeito colaborativo con outras persoas. A nós parécenos que quedou precioso, e a vós?
Cando tivemos listo o mapa conceptual de Pestalozzi, a nosa mestra Paz facilitounos un folio cunha imaxe do autor, a que customizamos ó noso gusto. Parécevos que quedou molón dabondo?
Unha vez Pestalozzi estivo transformado, escollemos unha frase célebre do que foi o seu ideario: "Un niño que no se siente querido, dificilmente puede ser educado", e empregando ChatterPix Kids, conseguimos crear unha animación! Abraiante, non? 😱
Pois aínda hai máis! Por se non alucinaramos bastante con ChatterPix Kids, hoxe coñecemos Aurasma, que é un sistema de realidade aumentada, que emprega a cámara para identifica-lo obxectos que ten diante en tempo real, e superpón sobre eles a animación que nós lle especifiquemos, dotándoos de vida. Como fixeron as nosas camaradas do blog AluTICnante, queremos darvos unha alternativa dispoñible para tódolos dispositivos desta aPP: trátase de QuiverVision, que conta con 3 pacs para diferentes usos, entre os que se atopa o enfocado ó mundo educativo. Podedes botarlle un vistazo para valorala.
Para o noso proxecto empregamos a mencionada Aurasma, un debuxo customizado do autor e a nosa animación do mesmo, creando unha aura espectacular!
Unha vez Pestalozzi estivo transformado, escollemos unha frase célebre do que foi o seu ideario: "Un niño que no se siente querido, dificilmente puede ser educado", e empregando ChatterPix Kids, conseguimos crear unha animación! Abraiante, non? 😱
Para o noso proxecto empregamos a mencionada Aurasma, un debuxo customizado do autor e a nosa animación do mesmo, creando unha aura espectacular!
Estamos seguras de que non podedes agardar para vela, polo que non vos faremos esperar máis, aquí a tedes:
Esta forma de traballar logrou unha maior implicación no traballo, xa que entraron en xogo variables emocionais e motivacionais ó tratarse dunha actividade pouco dirixida e con moitas posibilidades de creatividade. Esta flexibilidade nas pautas da tarefa posibilitou a creación dun sistema propio de traballo en cada grupo, redundando nunha evidente vantaxe: o fluxo de traballo viña marcado polas características e aptitudes de cada grupo. Esta forma innovadora de trata-lo tema, mellora e potencia a motivación hacia o mesmo, dando lugar a un producto máis creativo, mellor e máis completo.
Unido á motivación e á singularidade do proceso en cada grupo, é case obrigatorio falar do sentimento de liberdade que nos invadiu nesta tarefa, xa que non se nos pedía un dossier sobre o autor, senón que nós, baixo o noso propio criterio, valorasemos o que nos parecía máis importante e interesante acerca da súa persoa. Isto ten como lóxica consecuencia que o noso producto esté máis empapado das nosas esencias, dende a elección da frase, ata a dos colores e formas cos que customizamos a súa imaxe.
Para que vos abraides un pouco, e non paredes de flipar, imos compartir con vos o increíble uso que fixo desta aplicación o alumnado da escola Juan de Lanuza. As crianzas desenvolveron un proxecto de realidade aumentada centrándose na saga xuvenil de J. K. Rowling, Harry Potter. A nós parecenos unha actividade abraiante levada a cabo cunha creatividade extraordinaria, xa que fan un uso multidisciplinar da aplicación. Deixámosvos o link para que o vexades:
Por outra banda, o colexio CBM Hernández Ardieta empregou Aurasma para a iniciación á lectura de lingua castelá e inglés, así como para contar a historia dos países da Unión Europea, seguindo o libro Vuelo por Europa. Para coñece-la experiencia, facede clik aquí.
Xa para rematar, queremos compartir con vós unha idea que se nos ocorreu para aplicar no noso futuro, mentres realizabamos esta actividade: poderiamos empregar a realidade aumentada para relatar feitos históricos ou relevantes da nosa contorna, apoiándonos en elementos físicos que contribuíran a forxar a identidade histórica da nosa localidade. Por unha banda, as crianzas implicaríanse libremente no proxecto elixindo eles mesmos ata o último detalle, e por outra banda, adquirirían moitas competencias relacionadas coa historia, a lingua, a cultura, etc, ó ter que indagar e descubrir as cousas por si mesmos.

Convidámosvos a que a poñades en práctica e nos contedes os vosos resultados!😎
Vais en buen camino chicas, buen trabajo! para mejorar, buscad alguna experiencia real en la que se utilice Aurasma, enlazarla y comentarla.
ResponderEliminarGracias pola túa aportación Paz! Estivemos investigando un pouco e atopamos exemplos prácticos moi interesantes. Esperamos que sexan do teu agrado! ;)
ResponderEliminar