O primeiro exemplo que se me ocorre é o acto de quedar cos amigos ou organizar una reunión social de calquera tipo. Na época dos nosos pais, tiñan que chamarse por teléfono as veces que fixera falta para organizar todo. Sen embargo nós, para organizarnos creamos un chat conxunto (a través de Whatsapp ou o Messenger de Facebook), o que facilita que todo o mundo poida dar a súa opinión e que todas as persoas implicadas poidan coñecer a opinión dos demáis sen necesidade de facer una infinidade de chamadas, ou de fiarse do que un lle conta que dixo o outro.
Paréceme un avance importante e significativo no plano social, xa que permite unha forma moito máis interconectada e dinámica de organizar una xuntanza, sexa para ir tomar un café, ou sexa para organizar una festa sorpresa de aniversario.
Para levar a cabo este tipo de tarefa, coido que as competencias que debemos ter pasan, obviamente, por controlar minimamente este tipo de aplicacións de mesaxería instantánea, así como ter a capacidade de empregalas asiduamente e integralas no noso día a día, xa que do contrario nada do exposto tería sentido. Dentro deste aspecto, as implicacións educativas que lle atopo pasan pola obriga do docente de adquirir un novo rol e uns novos coñecementos (coñecer adecuadamente a rede e as súas posibilidades) para así poder empregala na aula e amosarlle ós alumnos os beneficios e desvantaxes da mesma.
Outro exemplo que se me ocorre de cómo cambiaron as nosas vidas por mor das TIC con respecto ás vidas dos nosos pais é o procedemento que empregamos para mercar un agasallo. Os nosos pais tiñan que idear primeiro na súa cabeza o que querían, e despois visitar una chea de establecementos comerciais ata, con sorte, acadar o que buscaban. Para nós isto é moitísimo máis doado: por medio dun buscador podemos acceder a centos de ideas que se aproximen e completen unha vaga idea da nosa cabeza. Por exemplo, se os nosos pais querían mercar un sombreiro, tiñan que ir de sombrerería en sombrerería preguntando por un modelo que tivesen en mente. Para nós é tan sinxelo como introducir nun buscador estilo Google "mercar + sombreiro" e sairannos centos de sitios web dispostos a vendernos centos de sombreiros diferentes. Non soamente é máis rápido e sinxelo, senón que nos abre a porta a posibilidades nas que pode que nin tan sequera houbesemos pensado.
Para levar a cabo tal cometido, ó igual que no exemplo anterior, é primordial manexar minimamente os motores de búsqueda de contido en internet, para poder realizar unha busca exitosa. Así, as implicación educativas van na mesma liña, xa que sería interesante que o docente adquirise as competencias necesarias para ensinarlle ó alumnado a realizar unha boa búsqueda e chegar, da forma máis eficiente posible, ó contido que desexan acadar.
Para rematar, coido necesario resaltar que estes son soamente dous exemplos dos centos (ou miles) que existirían sobre como as TIC modificaron o noso día a día, polo que, como futuros docentes, debemos estar preparados para aprenderlle ó noso alumnado non soamente as virtudes e vantaxes das TIC, senón tamén os seus perigos e implicacións menos benignas. Para levar a cabo tal cometido, debemos emprega-las TIC con soltura e de xeito resolto, xa que difícilmente poderemos ensinarlle a empregalas de xeito adecuando se non temos un control alto deste recurso.
Isto último ten evidentes implicacións na nosa labor como docentes, xa que se nos esixen unha serie de competencias que antes non eran necesarias, tales como a capacidade de discernir a información pertinente da que non o é, ou os sitios web potencialmente dañinos ou inadecuados de aqueles inocuos; é dicir, a presencia das TIC na aula implica unha capacidade crítica por parte do persoal docente acerca das características e potencialidades da información e aplicacións que existen na rede.
Indiscutiblemente, isto tamén ten implicacións na aula ó nivel das competencias do alumnado, é dicir, modifica os criterios de avaliación, incluíndo neles as competencias dixitais, que lle permitirán acceder e adquirir a novos tipos de coñecemento. Por conseguinte, os contidos tamén se verán afectados por este cambio, polo menos no xeito en que o alumnado se achegará e traballará con eles.
Vós qué pensades? Estades de acordo? Que outros exemplos se vos ocorren?

Hola Ana, igual que tu compañera, buen trabajo, también te pido que la hicieras extensible a las implicaciones que este cambio de panorama tiene para nosotras como docentes, ¿qué tendría que cambiar en el aula? ¿qué competencias son necesarias? ¿qué papel tienen los contenidos?
ResponderEliminarOla Paz! Gracias polo teu comentario. Engadín ó final da entrada unha reflexión acerca das novas competencias que deben ter o persoal docente e, por conseguinte, o alumnado, así como isto afectará ós contidos do currículum. Espero que sexa do teu agrado! Un saúdo!
ResponderEliminar