Etiquetas

venres, 17 de febreiro de 2017

Sobre a entrevista a Yuval Noah Harari...

O escritor Yuval Noah Harari ofrece unha visión de futuro que mestura o catastrofismo apocalíptico co denominador común máis habitual de todas as civilizacións precedentes: a división social en clases. Na primeira lectura o que máis sorprende é o uso da palabra evolución, cando o que realmente evoca na mente é o contrario: involución. Isto queda latente en explicacións como esta:
El mundo es ahora mucho más igualitario entre razas, entre clases, entre géneros, incluso entre padres e hijos. Esto ahora quizá va a invertirse. Veremos mayores desigualdades que en cualquier otro momento de la historia. Podremos ver a una pequeñísima minoría de personas que monopolice el poder económico y político, los algoritmos y la tecnología, y utilice este enorme poder para empezar a mejorar biológicamente y crear clases biológicas.
Este historiador israelí, na súa visión de futuro, da a entender que é necesario que a poboación estea o suficientemente prepara para non quedar excluída dese grupo maioritario que resultará innecesario para a vida do grupo hexemónico. Será a primeira vez na historia, na que as persoas que non aportan algo ó mundo tecnolóxico, non conten.
A pesares de que presaxia que, nos novos tempos, as ideoloxías e os valores irán cambiando, parece importante transmitir ó alumando unha serie de valores máis humanos, que enriquezan esa nova visión tecnolóxica. O futuro estudantado ha de estar preparado para poder afrontar esa nova realidade, ha de ser quen de, tendo en conta o respecto de valores sociais como cooperación, colaboración e igualdade, desenvolver un pensamento crítico que lle axude a valorar as diferentes formas nas que a tecnoloxía pode contribuír a aportar o benestar á vida de tódolos seres humanos. Non só desde unha perspectiva economicista, senón tendo en conta o sen fin de posibilidades que se abren con cada novo avance, sen deixar de lado ó resto da poboación. Unha vez máis, a formación ética ten que ir máis aló do que está ben ou do que está mal para a raza humana, e centrarse no que debe ser a coexistencia en igualdade de todos os seres humanos.
Xoga un papel moi importante, xunto a colaboración e á creatividade, o pensamento crítico: Yuval Noah Harari afirma na súa entrevista que a nosa capacidade de decisión está sendo cedida á tecnoloxía a pasos axigantados. É importante facer conscientes ás crianzas desta realidade e do que implica, procurando axudalos a desenvolver un pensamento crítico que lles axude a discernir esa delegación de poder como a avaliar as situacións nas que se produce e o abano de posibilidades que se lles presenta.
Por outra banda, tamén cómpre que a educación contribúa a concienciar da importancia da formación continuada, máis que nunca necesaria, nun escenario de cambio constante que require plasticidade e capacidade de modelaxe, para saber adaptarse de forma rápida e eficaz ás continuas aportacións.
Non pretende ser un ataque en contra da tecnoloxía, máis ben, a intención é de defender a tecnoloxía dende un punto máis humanista: tecnoloxía humanizada: feita por persoas, para persoas.

6 comentarios:

  1. Me alegra que os hayáis animado a realizar la actividad optativa, interesante!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas gracias! A verdade é que nos pareceu unha entrevistas moi interesante.

      Eliminar
  2. A nuestro equipo le ha parecido muy interesante también, el reflexionar sobre esta entrevista, queremos hacer hincapié en: citamos de vuestro comentario el fragmento "...Yuval Noah Harari afirma na súa entrevista que a nosa capacidade de decisión está sendo cedida á tecnoloxía a pasos axigantados. É importante facer conscientes ás crianzas desta realidade e do que implica, procurando axudalos a desenvolver un pensamento crítico que lles axude a discernir esa delegación de poder como a avaliar as situacións nas que se produce...".
    Nos interesa vuestra afirmación porque es imprescindible generar desde la escuela ese pensamiento crítico, que hará que el alumnado esté capacitado para poder, de manera autónoma, discriminar adecuadamente lo que no considere.
    Dicho esto, y aunque parezca paradójico después de leer la entrevista, las TIC pueden ser, las que fomenten en el alumnado una actitud crítica. Siguiendo la interesante investigación de la autora Montes (2010), un ejemplo de esto sería la gran cantidad de información que con las TIC posee el alumnado, el profesorado debe facilitar criterios de selección de la información, que fomentará el tener que decidir por sí mismos la selección de la misma, generando así un espíritu crítico.
    Este es sólo un ejemplo de como, las propias TIC, pueden en el ámbito educativo, generar habilidades y destrezas que posibilitan una actitud crítica en el alumnado, siempre y cuando exista una correcta utilización e inclusión de las TIC en las aulas.
    ¿Quizás haya que plantearse, más en serio, su correcta utilización e inclusión, no creéis?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Boas equipo de aluTICnante! Parécenos todo un acerto extrapola-lo contido da entrevista ó ámbito pedagóxico, por iso, nós cremos que é de vital importancia traballar a competencia dixital na etapa educativa, non só como medio de aprendizaxe, senón como unha finalidade en si mesma. Alégranos saber que hai profesionais que comparten a nosa visión!

      Eliminar
  3. Os recomendamos la lectura de la investigación realizada por la autora citada en nuestro comentario:
    Montes, A. (2010). Un buen recurso escasamente utilizado. Las TIC en las aulas de Educación Primaria. Hekademos: Revista educativa digital, 7, 71-94. Recuperado de:
    https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3745686

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas gracias! Seguiremos profundizando na súa obra, pois as reflexións dela que nos transmitides parécennos moi interesantes. 😊

      Eliminar

Cute Black Pencil