Etiquetas

mércores, 15 de febreiro de 2017

ACTIVIDADE TEMA 2 - Do aprender repetindo ó aprender creando

O profesor Areas Moreira, no seu artigo que leva por título: Reinventar la escuela en la sociedad digital. Del aprender repitiendo al aprender creando, fai un análise dos diferentes estudos feitos nos últimos anos sobre o impacto das TIC na escola: a súa implantación, a pedagoxía que as integra e a súa eficacia.
Dende o punto de vista de Areas Moreira (2014) existe unha concepción pedagóxica que impide o uso innovador das tecnoloxías: trátase do modelo de ensinanza tradicional baseado na exposición e transmisión de información, no que denomina a pedagogía de la repetición (p.172). Este modelo utiliza as TIC como un complemento ou substitutivo do papel; mantendo o mesmo obxectivo e finalidade; non deixando espazo para a innovación. Sinala, pois, que esta maneira de empregar as TIC é a tendencia dominante no noso entorno escolar, dándolle o nome: Pedagogía del aprender repitiendo con TIC (p. 173). Esta falta de cambio no modelo docente explicaría porque, a pesares da notable inversión que se fixo para achegar os materiais tecnolóxicos ós centros, non se viu reflectido na innovación educativa. Cómpre cuestionarse o modelo tradicional, interrogándose sobre como e que hai que ensinar e como conectar a cultura escolar coa social do ciberespazo.
Despois de ver o que non debería de ser a educación, Areas Moreira céntrase en analizar as características que debería de ter a boa práctica educativa. Para poder aspirar a unha praxes educativa, cómpre reformular e adaptar tódolos elementos do contexto educativa á nova realidade sociocultural. Ó longo do artigo, sinala as aportacións das diferentes investigacións levadas a cabo no panorama nacional e internacional nas que se determinan as competencias que se requiren para desenvolver a actividade na sociedade tecnolóxica, sintetizándoas en saber resolver problemas prácticos, saber buscar e analizar información útil e relevante para certos propósitos, desenvolver o pensamento crítico, saber traballar colaborativamente con outros nunha mesma tarefa ou proxecto, ser capaz de expresarse e comunicarse utilizando distintas linguaxes e formatos expresivos en distintas situacións, e manter permanentemente unha actitude positiva cara o cambio e a innovación (p.179-180). Para lograr desenvolver ditas competencias en cada persoa, avoga pola denominada como pedagoxía del aprender actuando o creando (p.180). Esta pedagoxía caracterízase por  ter en conta que a información e a cultura son cambiante e líquidas, polo tanto o saber debe ser considerado como un proceso de aprendizaxe continuado. A ensinanza constitúese como a creación de escenarios e situacións de aprendizaxe, no que o currículo se organiza a partir das competencias e coñecementos interdisciplinarios. Así pois, a avaliación realizarase para analizar e comprobar a posibilidade de mellora dos produtos resultantes. O aprendizaxe fórxase a partir da experiencia activa que se reconstrúe teoricamente. A escola desenvolver un papel de facilitadora de saberes, contribuíndo o desenvolvemento das competencias.
O papel do profesorado e do estudantado é diferente, por un lado, o doente é o de guía, titor que organiza as situacións de aprendizaxe e apoio durante o proceso, mentres que polo outro, o alumando convértese nun prosumidor e actor. O aprendizaxe requirirá de interacción social, o que permitirá a realización de tarefas de forma individual ou en pequenos grupos.
A Web concíbese como un ecosistema educativo aberto, social que está en constante transformación, da que se servirán para levar a cabo proxectos. A interacción e a comunicación realizarase a través da rede, requirindo unha conexión permanente a internet, traballando de forma virtual. Este entorno educativo novo, implica o uso dun linguaxe e formatos expresivos multimodais.
Así pois, segundo Areas Moreira, unha boa práctica da pedagoxía con TIC acorde a Pedagoxía do aprender creando ten que ser innovadora, exemplar e transferible a outras situacións e contextos; facilitando ó alumnado experiencias de aprendizaxe nas que o estudantado figure como suxeito activo; coherente cos principios de ensinanza-aprendizaxe que segue o modelo socioconstrutivista; a súa práctica ten que figurar no currículo e formularse interdisciplinarmente; facer un uso pedagóxico das TIC e do ciberespazo; e fomentar as experiencias de comunicación social na rede.
Para poder implantar este modelo pedagóxico, o papel do alumnado ten que ser totalmente activo. Eles e elas elaborarán o coñecemento de forma persoal, orixinal e creativa, dunha forma autónoma e construtiva. Serán os responsables do seu propio aprendizaxe: marcando os seu propio obxectivos, as actividades a realizar e avaliando o progreso propio e das compañeiras e compañeiros. Para poder levalo a cabo, establecerá un diálogo cos demais artefactos culturais ós que teñan acceso, nun entorno educativo organizado e xestionado pola persoa docente. 
Nesta mesma liña, déixovos unha entrevista a Fernando Trujillo, profesor da Universidade de Granada, experto na ensinanza de idiomas e o uso educativo das TIC e ABP. Ademais de da-la súa visión sobre a necesidade da innovación pedagóxica, trata sobre a inclusión das TIC na aula. Neste sentido, o profesor Fernando Trujillo afirma que lo que falta es que nosotros sepamos unir las piezas del rompecabezas, que sepamos apostar por estrategias de enseñanza que promuevan la colaboración y la comunicación. Además, hay que introducir una visión crítica. Pinchade aquí para poder lela! Espero que vos guste!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Cute Black Pencil