Etiquetas

martes, 14 de febreiro de 2017

Aplicacións que dan a vida: Chatterpix kids.

Chatterpix kids é unha aplicación que se oferta en itunes, para os iPhone e iPad. Trátase dun programa que se basea na idea de darlle voz ás fotografías feitas previamente. O mecanismo é sinxelo: despois de sacar unha foto, debúxaselle unha liña a modo de boca e grávase un son, unhas verbas ou oracións enteiras que figurarán como ditas a través da boca. Como colofón, pode decorarse a creación cunha serie de características prefixadas que contribúen a personalizala.
As vantaxes que oferta son variadas: en primeiro lugar o seu uso é sinxelo e intuitivo. Isto fai da aplicación un instrumento manexable para tódalas idades. Os seus usos poderían estenderse dende a propia aula, ó centro educativo, ó entorno familiar ou ata o comunitario. 

Pode dar pé a ser empregada a modo de glosario doutras linguas nas que se está aprendendo, así pois mentres a manexan poden ir gravando o nome dos elementos na lingua que desexen, e polo tanto van asimilando o novo vocabulario. Nesta mesma liña, pode contribuír a crear un catálogo das diferentes especies animais ou vexetais nas que está interesado o alumnado. Esta foi a utilidade escollida por Maite Pelegrín (2015) e publicada no blog docente colectivo EN LA NUBE TIC. Maite Pelgrín fai unha completa explicación da aplicación e mostra dous exemplos usando a lingua inglesa. Pincha aquí para coñecelos!

Tamén pode ser empregada para que o alumnado presente un novo entorno, xa coñecido por eles ou elas, a persoas para as que resulte descoñecido. Por exemplo o alumno máis veterano pode crear un produto no que se presente o novo centro educativo ó estudantado que accede por primeira vez.

Esta aplicación tamén pode contribuír a crear un produto de presentación da localidade na que viven, podendo servir de guía turística para as persoas que a visiten.

Estes son só algúns exemplos dos usos que podería ter. Imaxínome que co uso cotiá, poderán xurdir novas ideas para conseguir sacarlle un maior rendemento. Ocórresevos algunha?

Déixovos unha mostra da nosa experiencia:



4 comentarios:

  1. Os reto a encontrar alguna experiencia de real en la que usen esta aplicación ;)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A experincia de Maite Pelegrín, ó meu entender, explicita moi ben a gran variedade de usos que pode ter esta aplicación na aula. Non dubido de que é unha entre centos ;)

      Eliminar
  2. Hola Apprendendo. Quería comentaros que me gustó el vídeo que elaborasteis con Chatterpix. También deciros que vuestra explicación sobre que es la aplicación y para que sirve está muy bien elaborada.Me encantó el detalle de el enlace que pusiste para explicar su uso paso a paso.Buen trabajo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas gracias Vero! A verdade é que ó buscar un pouco xa me din conta de que o seu uso está moito máis expandido do que eu imaxinaba. Un saúdo ;)

      Eliminar

Cute Black Pencil