Ola a todos de novo! A clase de hoxe foi especialmente interesante e entretida!
Hoxe coñecemos dúas novas aplicacións de internet. A primeira delas, Pinterest, pareceunos especialmente útil e interesante. Trátase dunha especie de catálogo online, onde un pode gardar o que considera especialmente curioso ou inspirador, e ir construíndo así pequenos taboleiros temáticos onde ter sempre a man ideas cautivadoras e suxestivas.
Ó principio custounos un pouco facernos coa dinámica de uso (a brecha xeracional é máis grande do que pensabamos!) pero finalmente conseguimos que Pinterest acatase a nosa vontade 😎.
Ocurríusenos que unha das posibilidades de Pinterest na aula sería emprega-la para crear diferentes catálogos temáticos (animais, plantas, etc.) nas que o alumnado puidese ir incluíndo items que eles consideren relacionados co tema. Outra posibilidade sería ensinalos a empregar os taboleiros para gardar cousas que lles resulten inspiradoras, e que poidan empregalas en futuros proxectos.

Outra das aplicacións que coñecemos hoxe foi Symbaloo, que ven sendo como unha especie de escritorio ou menú principal onde un pode anclar as aplicacións que emprega máis a miúdo (como por exemplo Facebook, Gmail, Twitter ou Pinterest claro!). Permite unha certa personalización do fondo, e tamén inclúe unhas funcionais pestañas na parte superior para ter diferentes "menús". Por exemplo, podemos crear unha pestaña coas aplicacións nas que temos unha actividade máis social como Facebook ou Twitter, outra na que teñamos aplicacións ou páxinas web máis teóricas ou escolares, como a páxina da uvigo ou a plataforma faitic, outra na que gardemos intereses persoais (como páxinas de deportes ou manualidades), etc.
Aquí vos deixamos o webmix que empregamos na realización do noso blog:
Aquí vos deixamos o webmix que empregamos na realización do noso blog:
Á hora de incluíla na dinámica da aula, Symbaloo permitiríalle ó alumnado ter sempre accesible as súas páxinas e aplicacións de interese, sen importar o dispositivo dende o que acceden.
Por último, debemos mencionar o partido que lle estamos sacando a Blogger, xa que nos permite compartir todo isto con vós.😉
Bueno, e ata aquí durou a sesión desta semana. Seguiremos narrando as nosas peripecias no uso das TIC e as súas aplicacións na aula.
Ata a próxima amigos!😁
Bueno, e ata aquí durou a sesión desta semana. Seguiremos narrando as nosas peripecias no uso das TIC e as súas aplicacións na aula.
Ata a próxima amigos!😁
Ningún comentario:
Publicar un comentario