Etiquetas

venres, 27 de xaneiro de 2017

As TIC, ese gran descoñecido

A risco de xerar polémica ou discordancia, para falar das TIC eu empregaría o subtítulo: As TIC, ese gran descoñecido. Se  ben é certo que estas forman parte da nosa vida ata o estremo de converterse nun apéndice máis do noso corpo; teñen unha potencialidade aínda descoñecida para a gran maioría dos usuarios e das usuarias. Moitos de nós vémonos empurrados pola necesidade de actualización constante que é demandada dende todos os ámbitos da vida: sociais, culturais, laborais… O custo que este uso obrigado e continuado supón para nós é aínda descoñecido, pero nos introduce nun círculo vicioso de querer/ter que usalas dunha forma constante para interaccionar co mundo: renovarse ou morrer.
Para min, este feito é especialmente palpable no campo da educación, no que, visto os testemuños de moitos compañeiros e compañeiras, o seu uso se resumiu nalgúns caso a un mírame y no me toques; feito que hoxe en día segue padecéndose en moitos centros de ensino. Pode que moitos profesionais se viran obrigados a introducir estas tecnoloxías na aula sen os coñecementos necesarios, non só no relativo ó funcionamento, senón sobre o significado que eses novos materias tiñan para a vida das persoas en xeral e para o funcionamento na clase en particular. Entendo que é importante un bo coñecemento das ferramentas que nos traemos entre mans para poder acompañar ó noso alumnado nun consciente e correcto uso. Se ben é incuestionable os beneficios que aportan, si hai que cuestionarse canto, cando, como, por que e para que. Esa creo que é a tarefa do docente, mentres a do alumnado é descubrir e crear o mundo co seu uso.
Así pois, son necesarias de forma innegable, pero tendo en conta que máis non ten porque ser mellor, ou neste caso si?

2 comentarios:

  1. Desde nuestro equipo agradecemos comentarios con planteamientos como los expuestos; es muy necesario, a nuestro parecer, cuestionarse el cuánto, cuándo, cómo, por qué y para qué. De este modo, llegaremos a conocer en qué punto nos encontramos, en referencia al nivel de conocimientos que tenemos sobre las TIC, para así, poder emplear las estrategias adecuadas para su implantación.
    Queremos comentar que además de conocer lo anterior expuesto, es muy necesario conocer los inconvenientes que también presentan las TIC, porque a pesar de ser más los beneficios que proporcionan, existen inconvenientes que citan muchos autores en sus investigaciones al respecto, como son; la falta de competencia digital del profesorado, las distracciones que las TIC producen al alumnado y a veces, las adicciones que generán en éste.
    Con todo, creemos que se debe investigar más en este campo, para que su implantación sea lo más beneficosa posible.

    ResponderEliminar
  2. Gracias aluTICnante polo reforzo constante e enriquecedor! Estou totalmente de acordo coa necesidade dunha maior investigación e difusión da mesma; incluso insistiría na necesidade da independencia económica de ditas investigacións; sen que vaia vencellada a intereses das multinacionais tecnolóxicas...
    O que si parece incuestionable, é a necesidade de estar informado sobre o campo de traballo, para poder actuar en consecuencia.

    ResponderEliminar

Cute Black Pencil