Vou comezar dicindo que pola miña idade (nacín no ano 1985), cando eu asistín á escola primaria, non existían as TIC. Non tiñamos ordenadores, nin pizarras dixitais nas aulas. O máis tecnolóxico que empregábamos era o radiocasette para facer os listening da asignatura de inglés, ou o video de VHS para ver algún documental na televisión.
Así, xérame certo abraio comprobar como nun período de tempo de algo máis dúas décadas, os materiais dixitais foron quen de facerse cun posto case principal no proceso de ensinanza. Sen ir máis lonxe, o uso de plataformas dixitais (estilo faitic) para comunicarnos cos profesores e subir á rede os nosos traballos da facultade, causoume unha gran sorpresa.
Superado o desconcerto inicial, puiden comprobar a súa utilidade e funcionalidade, xa que permite acceder a unha chea de contido sen ter que imprimilo nin conseguilo fisicamente.
Dito isto, non dubido de que se as TIC son útiles na ensinanza universitaria, o serán tamén na primaria, permitindo dinamizar os contidos existentes, e incluso permitíndolle ó alumnado a creación de novos contidos que teñan un maior atractivo e encanto para eles.
Xunto con isto, debemos destacar que cada vez é maior o peso das TIC non soamente na educación, senón na sociedade en xeral, polo que tódalas persoas debemos ter un coñecemento das mesmas o máis amplo posible, e no noso caso máis, xa que se presupón que no futuro seremos docentes.
Vos que pensades? 👀
Ningún comentario:
Publicar un comentario