Etiquetas

xoves, 26 de xaneiro de 2017

Benvid@s!

Este é un blog creado para a asignatura de Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación, que cursamos na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do Campus de Pontevedra, baixo a orientación da nosa mestra, Paz Gonzalo.
Somos Ana e Cris, alumnas do primeiro curso de Educación Primaria, e agardamos que este sexa un espazo de aprendizaxe e formación continuada, onde poidamos compartir as nosas inquedanzas e descubrimentos.


Para ir abrindo boca, queremos contextualizar un pouco a importancia das TIC na educación de hoxe en día. Así, os acelerados cambios que vive a humanidade requiren novos tipos de coñecementos e capacidades que faciliten a adaptación a un mundo con sobreabundancia de información e en rápida evolución (Vivancos Martí, 2013). Para dar resposta a estes retos, una das competencias clave fixadas polo Parlamento Europeo refírese á competencia dixital, que conleva un uso seguro e crítico das TIC, xa que o dominio das mesmas constitúe un medio para adquirir novos coñecementos. 


Aínda que é certo que una revolución tecnolóxica non ten que ser en si mesma un avance, e segue habendo hoxe moitas voces que se preguntan hacia donde nos levan as TIC e cales serán os seus resultados, a proliferación de medios que inflúen nos alumnos e nos seus coñecementos implica que a escola non pode permanecer allea a esta realidade, e debe cambiar o seu rol hacia unha maior especialización, e adoptar unha actitude máis explicativa de aqueles datos que os alumnos xa coñecen. É dicir, trátase de ensinar a discernir, controlando a imaxinación pero deixando actuar á liberdade creativa (Montolío Tena, 2011).


Polo tanto, o emprego das TIC na ensinanza require un proceso de adaptación que implica cambios no traballo do mestrado co alumnado, podendo potenciar esta interacción. É dicir, a educación normativa ou formal que se imparte na escola debe adaptarse á realidade social empregando os mesmos medios tecnolóxicos que esta (Trigueros Cano, Sánchez Ibáñez e Vera Muñoz, 2012). Así, as TIC brindan excelentes oportunidades para desenvolver as capacidades de comunicación, análise, resolución de problemas, gestión e recuperación da información. Internet non é a panacea da didáctica, pero é unha ferramenta que debe facilitar ó alumnado a aprendizaxe, e ó profesorado a preparación das clases actualizadas e motivadoras (Prats y Albert, 2004).

Para
rematar, é unha obviedade que tanto o mestrado como o alumnado nunca van ser sustituídos pola tecnoloxía, pero os seus papeles si se ven afectados. Como futuros docentes debemos posuír novas habilidades e capacidades, e familiarizarnos co software apropiado, así como planificar e incorporar as novas tecnoloxías nas nosas programacións.
Nesta liña, debemos referirnos á necesidade de coñecer e empregar, obviamente en clave formativa, as TIC. E non soamente porque estén a configurar dun xeito diferente o mundo, o coñecemento e a sociedade, nin porque o alumno ten o dereito de que se lle forme para o mundo do futuro, que é no que desenvolverá todas esas competencias que pretendemos axudarlle a conseguir e que está marcado polas TIC; senón porque o propio alumno, influenciado polos novos medios de comunicación, construíu un modelo de comunicación co que se relaciona co mundo, e ese modelo é, en boa medida, diferente do das xeracións anteriores (Crespo Comesaña, 2011).

 Vós que pensades? Estades de acordo? Non dubidedes en participar e intercambiar con nós as vosas experiencias e reflexións! 😉

BIBLIOGRAFÍA
CRESPO COMESAÑA, J.M. (2011). El educador competente. En Cantón Mayo, I y Pino Juste, M.R. (2011). Diseño y desarrollo del currículum (pp 41-55).Madrid, España: Alianza Editorial.
MONTOLÍO TENA, M.C. (2011) Las TIC en la Educación Primaria en la Provincia de Teruel. Recuperado en: https://dialnet.unirioja.es/servlet/tesis?codigo=26797
PRATS, J. y ALBERT, M. (2004). Enseñar utilizando Internet como recurso. Íber. Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia, (41), 8-18.
TRIGUEROS CANO, F.J., SÁNCHEZ IBÁÑEZ, R. e VERA MUÑOZ, M.I. (2012). El profesorado de Educación Primaria ante las TIC: realidad y retos. REIFOP, 15 (1), 101-112. Recuperado en: http://aufop.com/aufop/revistas/arta/digital/166/1702
VIVANCOS MARTÍ, J. (2013). El futuro de la educación y las TIC. Revista Padres y Maestros, (351), 22-25. Recuperado en: https://revistas.upcomillas.es/index.php/padresymaestros/article/view/1047/891



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Cute Black Pencil