Boas camaradas blogueir@s!
Nesta nova entrada queremos compartir con vós a nosa aventura con Toontastic! Trátase dunha aplicación que nos pode ser moi útil para dinamizar contidos na aula. A súa premisa básica é a de crear unha historieta que podemos personalizar de mil xeitos diferentes, dende escolle-los distintos personaxes ata o número de esceas, ou o ambiente e a música que lle daremos a cada momento.
Para nós, un dos puntos máis fortes desta aplicación é a posibilidade de adaptar os personaxes ás necesidades dos proxectos, incluso engadíndolle fotografías ós mesmos. As súas aplicacións poden variar dende actividades máis enfocadas á narración artística (como crear un conto), ata explicacións de contidos descubertos polo alumnado.
Outra das grandes vantaxes que lle atopamos é que o gran abano de posibilidades que presenta permite crear historias que fomenten a inclusión e a diversidade.
Cando comezamos a nosa andaina na creación da historieta, o fluxo de traballo comezou sendo lento (xa vos temos comentado noutras entradas que sempre tardamos un pouquiño en arrincar... 😕), pero axiña lle collemos o xeito. Ó igual que no uso de outras aplicacións, o traballo colaborativo foi a clave para comprender o seu funcionamento, e para mostra un botón: aquí nos tedes fedellando co iPad da nosa profe:
O primeiro que nos plantexamos foi o número de escenas que tería a nosa creación, para así poder adaptar o argumento e os personaxes á duración da mesma. Unha vez feito isto, seleccionamos o tipo de personaxes que íamos empregar e o entorno no que se desenvolvería a acción. O derradeiro paso foi grabar os diálogos e executar os movementos dos personaxes, así como escolle-la música que ambientaría as nosas escenas. Este é o noso producto final: unha historia moi curta sobre a cooperación, a diversidade e a amizade, agardamos que vos guste! 😀
Despois de realizar o noso traballo, decidimos sumerxirnos na rede na procura de experiencias de outras persoas empregando Toontastic, e aínda que atopamos moitos exemplos de colexios que empregaron esta aplicación para traballar diferentes competencias, quixemos compartir con vós os contidos creados con esta aplicación polo alumnado do Viñagrande-Deiro, na comarca do Salnés. Se pinchades no link que vos poñemos a continuación podedes ver como por medio da aplicación traballan as ciencias naturais, concretamente os ósos, e a expresión oral.
Outro exemplo, neste caso de iniciación no seu uso, é o do alumnado de 1º e 2º curso de Primaria dun colexio moi próximo a nós, o CEIP Quintela, en Moaña. A valoración que fan da experiencia é totalmente positiva, xa que destacan a axuda que a aplicación ofrece ó alumnado nos procesos de escritura creativa, permitíndolles crear calquera cousa de xeito moi sinxelo (dende contos ata reportes sobre libros), e tamén a motivación que supón para eles poder crear a súa propia historia. Deixámosvos o link do seu blog, para que lle botedes unha ollada:
Finalmente deixámosvos a valoración que fan as propias crianzas de Toontastic na súa revista escolar de 5º de Primaria do Colexio Alameda de Osuna, en Madrid. Neste caso, na páxina 13, a alumna Catalina Valle fai unha valoración da aplicación e destaca o divertida e gostosa que foi a experiencia. Pinchade aquí para vela!
Á vista dos descubrimentos que fixemos na nosa pescuda, ocórrensenos varios usos que darlle a Toontastic, entre eles, a explicación do ciclo da auga, o proceso de formación dun río, a versión animada dun feito histórico, a natureza das emocións, etc. Cales se vos ocorren a vós? Non dubidedes en compartir con nós as vosas ideas! 😝