Ola camaradas!
A sesión de hoxe foi realmente estimulante e motivadora: puidemos misturar as nosas habilidades manuais co emprego das TIC mediante a aplicación PicPac! Esta aplicación está dispoñible tanto para Android como para iOS.
Permite levar a cabo tódolos pasos da producción, dende a montaxe das imaxes, a locución ou incluso a música de fondo. Para as persoas profanas na materia, queremos explicar o termo Stop Motion, que se refire a cando a animación non é un debuxo animado, senon que se lle da vida a obxectos de todo tipo, como maquetas ou bonecos (articulados ou de plastilina) mediante imaxes tomadas por fotografía ou filmación, empregando a técnica de "fotograma a fotograma" ou "cadro a cadro", tal e como explican neste blog de educación e cine.
Neste tipo de películas, as figuras vanse transformando ou movendo no progreso da animación paso a paso, creando así a sensación de movemento, polo que é un proceso moi laborioso. Como exemplo icónico, non podemos deixar de citar a marabillosa obra de arte creada por Tim Burton: Pesadilla antes de Navidad.
A nosa obra de arte non se pode comparar cunha creación que levou 3 anos realizar, pero pensamos que amosa dun xeito claro a nosa concepción da docencia e o que nos gustaría chegar a aportar á sociedade por medio da nosa profesión.
O fluxo de traballo para este producto comezou coas indicacións da nosa profesora, que nos indicou que debíamos crear un busto que representara á docente que queremos ser. O primerio que fixemos foi chegar a un acordo sobre aqueles elementos clave na nosa concepción da educación, é dicir, aquilo que non podería faltar nunha aula. Así, coincidimos en que valores tales como a empatía, a cooperación e a solidaridade, e emocións como a alegría non podían faltar! Ademáis, incluímos debuxos de diferentes bonecos, xoguetes, animais, e todo tipo de estímulos que forman parte da vida das crianzas no seu día a día.
A continuación compartimos con vós o resultado. Que vos parece? Que incluiríades vós? Quitaríades algo?
Por se o noso traballo non vos convence (😂), estivemos navegando pola rede, e atopamos varios exemplos interesantes. O primeiro deles levouse a cabo no taller de Stop Motion do colexio Ártica, en Madrid. O alumnado de 5º de Primaria deste centro, organizado por grupos, realizou curtometraxes de temática variada empregando materiais da aula. A continuación deixámosvos o link por se queredes desfrutar deles.
Volvendo agora á terriña, temos o exemplo do IES As Barxas (Moaña), que realizaron unha serie de curtometraxes con plastilina co fin de crear os títulos de crédito para o lema: "8 de Marzo, Día da Muller Traballadora", tal e como vos amosamos nesta ligazón.
Por último, non queremos deixar de amosarvos o traballo realizado polo profesor de Debuxo, Artes Plásticas e Audiovisuais do IES María Soliño (Cangas do Morrazo), Jose Manuel García Plazuelo, autor da páxina Stop Motion Now. Este mestre, realiza un taller de Stop motion durante os recreos, e aínda que no seu caso está enfocado ó alumnado de Secundaria e Bacharelato, os titoriales que recopila no seu blog poden axudarnos a materializar as nosas ideas na creación de contidos para o alumnado de Primaria.
A pesar de que tódolos exemplos están enfocados ás artes plásticas e audiovisuais, a nos ocórrensenos outros tipos de usos tales como a explicación de procesos naturais (como por exemplo o percorrido que fai o bolo alimenticio por dentro do organismo), para matemáticas (facendo visuais as operacións numéricas implícitas nas tablas de multiplicar), ou mesmo para crear cohesión na aula mediante proxectos lonxitudinais onde todo o alumnado esté incluído (ir tirando unha foto das crianzas tódolos días para ó final do curso poder facer un video coa súa evolución), etc.
Que outras aplicacións se vos ocorren a vós, camaradas blogueiros? Non sexades tímidos e partillade con nós as vosas ideas e inquedanzas! Estaremos encantadas de respostarvos!😍
Non hai nada malo que dicir da vosa entrada, estamos totalmente abraiadas!! Encantounos o exemplo que puxestedes da película de Tim Burton para explicar cómo son as animacións en Stop-Motion, todas vimos Pesadilla antes de Navidad mais a ninguna se nos ocorrera. En relación ao voso video "Amor no cole" recordounos a una imaxe que viramos en Pinterest que representa dalgún modo a pegada que os docentes deixan no seu alumnado (aquí vos deixamos o enlace por se queredes vela https://es.pinterest.com/pin/613685886692939239/), está moi ben elaborado e transmite una fermosa mensaxe. Visitando todos os enlaces que deixástedes con exemplos de videos Stop-Motion entendemos o traballo que leva detrás o voso blog. E por último, respondendo a vosa cuestión final, a nos ocorréusenos que mediante as animacións en Stop-Motion o alumnado podería facer una representación da evolución do ser humano ou escenificar o movemento dos astros. En conclusión o vosa entrada está de 10, ao igual que o resto do blog, felicitacións polo voso traballo!!!
ResponderEliminarMoitas gracias Apptitude. Encántanos a idea de empraga-lo stop motion para escenificar movementos planetarios. A verdade é que nos quedamos encandiladas coa vertente artística desta aplicación e non soubemos ver máis aló. Un saúdo! 😉
ResponderEliminarQueridas compañeiras, consideramos que o voso traballo é alucinante! Nótase as ganas que tedes de transmitir e o cariño e mimo co que realizades as diferentes actividades das aplicacións propostas. En particular, esta encantounos! Cremos que non hai título máis acertado que "Amor no cole"para reperesentar ás docentes do futuro, xa que ese valor é o que debe reinar nun centro educativo.
ResponderEliminarPor outra parte, os exemplos que aportades, como o da película "Pesadilla antes de navidad" de Tim Burton parécenos moi ilustrativo xa que mostra as vantaxes desta técnica de animación descoñecida para nós como é Stop Motion!O resto de exemplos que se fixeron nos coles parécenos estupendos, xa que cremos que esta técnica facilita a transmisión da mensaxe dunha forma moi visual! Nós indagando sobre esta técnica en diferentes coles, atopamos este exemplo do que quedamos prendadas: http://blogs.jesuitasburgos.com/news/index.php/tag/stop-motion/ Neste cole amosaron dunha maneira moi orixinal a historia de dous capítulos de D.Quijote de la Mancha de Cervantes e pareceunos fantástico!
Por último, queremos recalcar que o voso traballo é impecable en todo o blog! O esforzo que hai detrás nótase que é grande e a mensaxe que queredes transmitir nel cremos que é a acertada, así que moitos parabéns e apertas virtais dende tecnoemociona!!
Moitas gracias polo voso comentario! 😊 Alégranos ver que o contido do blog vos resulte interesante e útil. A verdade é que nos costou atopar exemplos que non se centrasen só na área de educación plástica e audiovisual; polo que o voso exemplo nos cae como auga de maio. Encántanos poder ver máis opcións para todas estas aplicacións que vimos de descubrir, o que nos permite ampliar a súa visión e o seu campo de aplicación. Moitas gracias😉!
ResponderEliminar