Boas camaradas!
Como ben reza o título desta
entrada, comezamos unha nova etapa na nosa experiencia académica coas TIC. Hoxe
foi a nosa primeira sesión coa nosa nova mestra Esther Martínez.
Así pois, despois de dous meses
cursando esta materia, hoxe queremos adicar esta entrada a facer unha valoración
da mesma, atendendo ós métodos e ós contidos. O fluxo de traballo nas sesións
con Paz era case sempre o mesmo: unha pequena guía motivacional da nova
aplicación que íamos coñecer, unha indicación un pouco máis exhaustiva dos
obxectivos a conseguir e por último a súa titorización durante o noso proceso
de creación. Como xa comentamos nesta entrada anterior,
valoramos enormemente a paciencia da nosa mestra, quen nos acompañou no noso proceso
de iniciación ás TIC. A metodoloxía empregada por ela posibilitaba coñecer a
ferramenta a empregar mediante a creación dun proxecto ou actividade, non
soamente as súas características teóricas, é dicir, para nós a principal
vantaxe do método de Paz foi a posibilidade de crear e sentir en primeira
persoa as posibilidades, eficacia, accesibilidade e demais características das ferramentas
traballadas.
Se nos centramos agora nos
contidos, ámbalas dúas estamos de acordo en que tódalas aplicacións que
coñecemos son moi interesantes e ofrecen un gran abano de posibilidades. Xunto
con este pensamento, axuntamos un sentimento de descoñecemento total do mundo
das TIC na educación; o que queremos dicir é que nunca pensamos que houbese tal
cantidade de aplicacións abraiantes e funcionais, a partes iguais. Estamos
marabilladas e moi contentas e conformes con todo o aprendido.
O único que podemos dicir con
respecto ás vindeiras sesións coa nosa nova profesora Esther é que
independentemente de que muden a metodoloxía e os contidos, esperamos que o
fluxo de traballo siga xerando en nós motivación intrínseca, e vaia acompañado
dun certo grao de liberdade á hora de experimentar, o que permite creacións
moito máis vencelladas coas creadoras: nós.
Para rematar, queremos compartir con vós que nesta nova etapa que comezamos na materia de Novas Tecnoloxías, imos ter que realizar un novo proxecto baixo a tutela da nosa mestra Esther. A temática que imos traballar pertence á area das Ciencias Sociais e trata sobre os castros da Galiza.
Seguiremos informando! 😉
Para rematar, queremos compartir con vós que nesta nova etapa que comezamos na materia de Novas Tecnoloxías, imos ter que realizar un novo proxecto baixo a tutela da nosa mestra Esther. A temática que imos traballar pertence á area das Ciencias Sociais e trata sobre os castros da Galiza.
Seguiremos informando! 😉
Moi boas compañeiras! desexando tamén dende o noso Blog APPTITUDE que esta nova etapa con Esther sexa tan divertida e innovadora como a etapa con Paz Gonzalo, que estamos seguras de que así o será.
ResponderEliminarQueremos mandarvos folgos para continuar facendo un Blog marabilloso coma este cheo de boa información e curiosidades para recursos TIC que poidamos darlle utilidade.
Unha aperta e seguiremos a darvos likes! Estades máis que convidadas ó noso Blog e a colaborar con todo o que precisedes! ;)
Moitas gracias compañeiras! Moito ánimo para vos tamén.
ResponderEliminar