Etiquetas

martes, 7 de marzo de 2017

Ser quen de abri-la porta ás TIC


Boas, colegas da rede!
Despois de levar preto de mes e medio comezando a somerxernos neste océano que son as aplicación educativas e o seu amplo uso, estamos a ser conscientes do necesario que é un espazo de formación para o persoal docente. Non só formación previa, durante o estudo do grao, senón unha formación permanente e continuada, que non dependa soamente das inquedanzas e tempo dispoñible por parte dos mestres e das mestras. O que queremos dicir, é que se require unha guía, unha orientación necesaria, que axude a descubrir mundos de creatividade e innovación ocultos baixo a máscara do uso improdutivo das TIC.
Imaxinamos que no día a día de calquera persoa adicada ó campo da docencia, os tiras e afrouxas que xorden da interacción diaria, a carga de traballo académico e burocrático poden quitar as ganas de tontear (se se nos permite a expresión) coas TIC.
A primeira barreira que temos que sortear é o medo a explorar, a buscar, a errar; en definitiva, a aprender. De seguro, ás persoas que se senten máis cómodas coa tecnoloxía cóstalles entender do que estamos a falar. Pois ben, dende aquí queremos romper unha lanza a favor de todas aquelas persoas que se sinten intimidadas á hora de achegarse a este mundo: infinito en contidos, pero tamén en posibilidades. O medo, dicía unha querida amiga de Cris, garda as viñas, pero o medo entre dous tamén se leva mellor: calquera camiño é máis sinxelo de percorrer cando un o fai acompañado 😉. Por este motivo, é moi importante achegar esta nova visión das tecnoloxías facéndoa máis palpable ás mans das persoas fóbicas e/ou profanas na materia, axudando a franquea-la barreira dende unha práctica guiada, orientada e sobre todo animada.
Si; isto é algo no que levamos cavilando dende hai uns días: a importancia de que alguén, ben sexa docente (coma no noso caso), ben sexa compañeiro ou compañeira, axude a abri-la porta do novo mundo; e unha vez dentro, sen medo a aprender, nos podamos somerxer ó noso gusto e interese.
Se algo aprendemos ata agora é que o máis difícil sempre é comezar, de aí que consideremos moi importante o acompañamento nese primeiro paso, como quen acompaña a unha crianza da man nos seus primeiros pasos, ou como quen fai que terma polo ventre ó nadador que comeza a bracear. Non convén esquecer que somos seres humanos, sociais por natureza: aproveitémolo!

E vós? Quen vos axudou a comezar esta andaina? Compartide con nós as vosas experiencias!

2 comentarios:

  1. Estamos completamente de acuerdo con vuestra opinión, ya que, si bien es cierto que los y las docentes tenemos el compromiso de la formación permanente, estaría muy acertado estar orientados y guiados para afrontar el gran desafío que suponen las TIC. Efectivamente, la formación inicial en TIC de grado, es imprescindible, pero insuficiente para afrontar el gran reto que las TIC plantean al mundo educativo. Además, como bien exponéis, el tiempo que dispone el profesorado está cada vez más limitado y por ende, deberían habilitarse internamente acciones que den solución a dichas situaciones.
    Consideramos que esa "guía" u "orientación" que proponéis, sería una forma idónea para motivar a la comunidad docente en el uso de las TIC, ya que como bien comentáis, existe por parte de ésta, una fobia o miedos, provocados quizás, por desconocimiento de las TIC.
    Con todo, nos gustaría reflexionar sobre la importancia clave, del profesorado en el ámbito de las TIC. Una importancia que radica, a nuestro juicio, en el éxito o fracaso de las TIC en el ámbito educativo.
    La falta de tiempo por parte del profesorado, provocada por los innumerables quehaceres, que de toda índole debe realizar cualquier docente, y la motivación, acaso... ¿No es necesaria la motivación a la comunidad docente en este ámbito? ¿No creéis que los docentes también necesitan motivación, y más, en el ámbito de las TIC?

    ResponderEliminar
  2. Totalmente de acordo, aluTICnante! A vosa reflexión parécenos moi acertada e pon de manifesto a necesidade de considera-lo persoal docente como un axente de dobre cara: guía o aprendizaxe das demais persoas, o que a súa vez o expón a unha necesidade de autoformación, non só nas áreas académicas, senón tamén na vida real. Aí pois, cremos que para poder levar a cabo este proceso con éxito, cremos que é moi importante, como ben vós dicides, unha motivación intrínseca, pero tamén extrínseca.😉

    ResponderEliminar

Cute Black Pencil