Boas camaradas!
Na primeira sesión coa nosa nova mestra Esther, comezamos a perfilar o noso novo proxecto que, como xa vos comentamos na entrada anterior, versa sobre a Cultura Castrexa. Para facer unha primeira achega, comezamos investigando os recursos xa existentes na rede sobre esta materia, e atopamos verdadeiros tesouros! 😍
Estes recursos son moi variados, e van dende un blog creado por un mestre de primaria do CEIP Graxal, ata un catálogo dos castros da comarca de Ferrol, pasando pola experiencia creativa do alumnado do CRA de Rianxo ou o espléndido recurso multimedia creado por Mari Álvarez, unha mestra do CEIP Sangriña.
No canto de plasmar aquí unha listaxe de links sen gracia, Esther instounos a deseñar un póster interactivo multimedia empregando Glogster, unha ferramenta da web 2.0, é dicir, aberta, gratuita (na súa versión máis básica), con espírito de traballo cooperativo e colaborativo, e multimedia. Glogster non soamente nos permite imprir o noso traballo, senón que tamén o podemos insertar nunha web ou empregalo na clase mediante unha PDI.
Estamos seguras de que estades impacientes por ve-lo noso traballo, así que non vos imos facer esperar máis e invitámosvos a premer na imaxe inferior para descubrilo! Non vos deixedes levar pola timidez e plasmade a vosa opinión nos comentarios!
Un saúdo e ata a próxima! 😜
Ningún comentario:
Publicar un comentario