Ola camaradas!
Na última sesión coa mestra Paz 😢, creamos a nosa propia páxina web! Vaia salto!😲 A plataforma online que estamos a empregar é weebly, adicada á creación de páxinas web tanto gratuitas como de pago. A pesares de que o seu funcionamento é moi intuitivo e conta cunha ampla gama de plantillas e posibles modificacións que axudan a customiza-la web ó noso antollo, para que a derradeira experiencia con Paz non fose a excepción á norma, tamén nos custou un pouco arrincar e tomar as primeiras decisións de deseño. Se queredes indagar no mundo das páxinas web, deixámosvos un enlace co equipo de Website ToolTester que vos ofrece comparativas dos que consideran mellores sitios para iniciarse nesta actividade.
Afrontar a creación dunha páxina web fixo que nos somerxeramos nun mundo descoñecido para nós, tanto no que respecta a cuestións visuais ou de deseño, como a cuestións funcionais ou de manexo. Como sempre que un comeza a traballar cunha ferramenta nova, fomos descubrindo pouco a pouco as posibilidades que nos ofrece. Aínda así, tivemos axuda, xa que atopamos diversos tutoriais e materiais orientativos que nos facilitaron moito a tarefa. Podedes consultar ditos tutoriais aquí.
Para ir creando ambiente, contarémosvos que o obxectivo da páxina será expoñer o proxecto amplificado con TIC que estamos preparando para un grupo de crianzas de 3º de Educación Primaria. Se lle queredes ir botando un ollo, non tedes máis que premer no nome do proxecto que vos expoñemos a continuación: faunAPP
Gustaríanos moito que participarades na súa creación por medio de preguntas, críticas construtivas e suxerencias.
Un saúdo e ata a próxima! 😎
Un saúdo e ata a próxima! 😎
Hola chicas, me encanta vuestro proyecto, creo que está muy logrado. Por otra parte deciros que la idea me encanta, ya que creo que los niños no deben perder el contacto con la naturaleza porque es un lugar donde aprenden muchisimas cosas y lo hacen de una manera diferente, de una forma más dinámica y que les motiva más que un libro de texto.
ResponderEliminarTambién deciros que me gustaron algunas de las frases que utilizasteis como la de "no existen proyectos demasiado grandes, sino voluntades pequeñas", creo que esta frase os define a las dos.
Moitas gracias Antía! Esa frase estase a convertir no noso mantra para afrontarnos ás TIC. Un saúdo.
ResponderEliminar