Ola camaradas:
Nesta entrada queremos empezar a expoñer o deseño do noso Proxecto: unha Tarefa Integrada amplificada con TIC.
Nesta entrada queremos empezar a expoñer o deseño do noso Proxecto: unha Tarefa Integrada amplificada con TIC.
Como bo
traballo que se precie, comezamos por unha fase de investigación, indagando nos
gustos, afeccións, medos, intereses e preocupacións das crianzas que temos ó
noso redor. Despois de interactuar coas criaturas de forma illada, para lograr
ganarnos a súa confianza 😏, escoitamos
todo o que nos tiñan que dicir para sacarlle o máximo partido de cara ó noso proxecto.
É ben certo que as meniñas e os meniños se dispersan nun amplo espectro de
asuntos que son difíciles de plasmar nestas liñas. A grosso
modo, os temas que máis non chamaron a atención foron os seguintes:
➽En primeiro lugar os videoxogos, nos diferentes formatos correspondentes:
tablet, consola, smartphone, …
➽Por outra banda tamén nos falaron de certos alimentos pracenteiros que
teñen restrinxidos: golosinas, doces, …, en definitiva alimentación de dubidoso
valor nutricional pero de adición desmedida.
➽Outro tema polo que mostraron preocupación e ansia foron os dispositivos
móbiles, a necesidade de posuír un, de custodialo e posuílo como ben persoal,
que non deban de compartir con ninguén e do que non deban de render contas.
➽Finalmente, o tema que máis espertou o noso interese foi o medo, nos seus
diversos orixes: medo á perda dalgún ser querido, medo a seres fantásticos que
se lle aparecen en pesadelos difíciles de esquecer, e por último: medo a sons
naturais e descoñecidos que os abordan en momentos de soidade, como pode ser o
do preludio ó sono.
Unha vez sintetizadas as manifestacións dos cativos
e das cativas, pensamos en que gustos ou afeccións podiamos ter en común nolas dúas...
🙊 ? 🙊. Unha de costa e a
outra de interior; unha involucrada con todo o que oe, ve e escoita e a outra
neutra por natureza... 😱 O certo é que
resultou máis fácil do que poda parecer: a natureza, o amor pola terra, e por
suposto o amor pola natureza da nosa terra. Así pois, fixamos como obxecto do
noso proxecto algún elemento da natureza que poda ir vinculado cos intereses
das criaturas.
Por último, quixemos engadir algún compoñente
social; algún elemento da actualidade co que poidamos traballar e involucrar ó
alumnado para facelo partícipe da mesma. Partindo do elemento central
prefixada: a natureza, resultounos fácil verlle a utilidade tanto na
concienciación como na necesidade de acción, o que o noso adorado Paulo Freire
chamaría concientización. Aínda que neste caso, por proximidade, sexa aplicado
ós ecosistemas da nosa contorna. Trátase dun tema que afecta en gran medida á
nosa existencia, e que está de rabiosa actualidade, como podemos comprobar
tanto en diarios do país coma de tirada nacional:
El aire de Galicia aprueba
en dióxido de carbono pero catea en partículas - EL CORREO GALLEGO
Recogida de algas y contaminación de la ría - FARO DE VIGO
Animales en peligro de extinción - EL PAÍS
Recogida de algas y contaminación de la ría - FARO DE VIGO
Animales en peligro de extinción - EL PAÍS
Así pois, decidimos centrarnos na área de Ciencias
da Natureza para crear un proxecto integrado amplificado con TIC, no que imos
traballar as diferentes especies animais da nosa contorna para poder amosalas á
comunidade e deste xeito implicar a máis actores no seu coidado. A
finalidade do noso proxecto é crear un catálogo de Realidade Aumentada sobre os
animais do noso ecosistema. O fluxo de traballo do noso proxecto comezaría
implicando ó estudantado no mesmo, e reflexionando de xeito conxunto con eles
sobre os coñecementos que xa temos e os que, pola contra, queremos adquirir.
Chegados a este punto, empregaremo-las TIC para buscar información, e unha vez
estruturada a mesma, deseñaremos e elaboraremos o catálogo. Unha segunda fase
deste proxecto sería solicitar a colaboración doutros centros (nacionais ou
internacionais) que tamén haxan creado o seu propio catálogo de animais da súa
contorna, para así poder intercambialos e coñecer tamén a fauna doutros
ecosistemas alleos a nós.
Somos conscientes de que é un proxecto moi
ambicioso, pero nolas dúas somos da idea de que non existen proxectos demasiado
grandes, senón vontades pequenas.
A ver que tal nos queda...😉
Chicaaas!!! me parece una genial idea vuestro proyecto, además de que creo que para los niños y niñas será muy interesante ya que podrán conocer los animales que nos rodean de una manera mucho más amena que la tradicional.
ResponderEliminarMucho ánimo con el trabajo y enhorabuena!!!
Moitas gracias Carmela! Opinamos que todo o que poda experimentarse polos 5 sentidos é moito máis fácil de aprender, por iso o contato coa natureza para nós é o piar fundamental dos nosos proxectos.
ResponderEliminar