Exercicio de Teoría do tema IV
A continuación expoñemos 3 experiencias de innovación educativa con TIC para Educación Primaria.
BOAS PRÁCTICAS
EN INNOVACIÓN EDUCATIVA CON TIC
|
|||
Título da experiencia
|
I+D Media 3.0
|
||
Autoría
|
David Barrán Ferreriro é mestre de Ciencias Sociais no
CPR Plurilingüe Calasancias do municipio coruñés Estrada dos Fortes.
|
||
Páxina web (URL)
|
Colexio Plurilingüe Calasancias.
|
||
Artigo, publicación (indicar localización)
|
Trátase dun artigo que figura na páxina web do propio centro educativo,
no que se ilustra o proxecto e se ofrece un vínculo para poder ollar o
produto resultante do proxecto.
|
||
Destinatarios
|
A narración da experiencia está destinada a todas as persoas
que teñan acceso á mesma, ou queiran coñecer os procederes do propio centro.
Os encargados de lavala a cabo foi o alumnado
de primaria e secundaria.
|
||
Describe brevemente a
innovación tecnolóxica
|
Fai refencia ó uso das tecnoloxías da información ( Mobile
Learning, Realidade Aumentada Blippar, 1-2-3D Cacht e espazos colaborativos a
través de Onedrive) para descubrir e traballa-los contidos. O resultado foi
unha revista en formato dixital e papel na que se plasmou todo o traballo realizado
dentro e fóra da aula. Empregaron a aplicación de realidade aumentada Blippar
para vincula-las imaxes ou fotografías con vídeos, páxinas web, etc.
|
||
Describe brevemente a
innovación metodolóxica
|
Trátase dun proxecto interdisciplinar, no que se
abarcaron contidos das áreas de Inglés, Historia, Relixión, Matemáticas, Lingua e
Economía, tendo como fío condutor a Idade Media: o románico, o gótico, a
sociedade, a política e a economía medieval, a transmisicón de valores e
crenzas mediante o arte, contextualizado na cidade de A Coruña.
A innovación tecnolóxica foi acompañada dunha variada
innovación metodolóxica que deixou pouco espazo para a educación transmisiva
á que estamos acostumados. Como novidade máis interesante, destaca-la
metodoloxía Flipped Classrom ou o manexo de espazos colaborativos. Todo isto
fomentado a través de técnicas de traballo cooperativo.
|
||
Outros datos de
interese
|
O proxecto tivo unha
duración de seis meses.
|
||
BOAS PRÁCTICAS
EN INNOVACIÓN EDUCATIVA CON TIC
|
|||
Título da experiencia
|
Aula de Elena
|
||
Autoría
|
Elena Pintado Málaga
(Mestra en educación primaria, profesora de piano, musicoterapeuta e
especialista universitaria en coaching
e educación emocional para a excelencia educativa)
|
||
Páxina web (URL)
|
Aula de
Elena
|
||
Artigo, publicación
(indicar localización)
|
Trátase dun blog que se
pode localizar a través de calquera motor de busca de internet.
|
||
Destinatarios
|
A autora
afirma que a páxina ten como obxectivo dar a coñecer as súas ideas e
experiencias educativas, tendo como primeira consecuencia directa a conexión
da realidade da aula con pais e nais do alumnado; ademais de servir de
reforzo ó traballo feito polas criaturas no centro escolar.
|
||
Describe brevemente a
innovación tecnolóxica
|
A autora emprega o blog
como mecanismo de narración secuencial da experiencias da súa aula. Por unha
banda, ofrece con todo luxo de detalles tanto as súas ideas educativas como o
resultado das mesmas, servindo de diario de información para os pais e nais,
de reforzo estimulante para o seu alumnado e de inspiración para o persoal
que traballa no mundo educativo. Por outra banda ofrece información útil
sobre o funcionamento da súa aula, os seus compoñentes, horarios, notas de
interese; coas que se establece unha conexión
entre a escola e o fogar.
|
||
Describe brevemente a
innovación metodolóxica
|
A
innovación que ofrece este blog é de tipo comunicativa, posto que o obxectivo
primordial é mellora-lo fluxo de comunicación entre a escola e o fogar. Así
pois, non logra só crear un vínculo entre a comunidade educativa, senón que
tamén serve de estímulo para os propios educandos. Quizais neste caso en
concreto, non se aprecia unha comunicación dialóxica, na que os pais e nais
podan contribuír á mellora educativa; existindo unha maior interacción entre
profesionais que se retroalimentan entre si.
|
||
Outros datos de
interese
|
A dedicación permanente e
meticulosa favorece o seu seguimento e contribúe a facer deste blog unha
fonte constante de inspiración para diversas actividades na aula.
|
||
BOAS PRÁCTICAS
EN INNOVACIÓN EDUCATIVA CON TIC
|
|||
Título da experiencia
|
Proyecto Pasapalabra
|
||
Autoría
|
Verónica Medina Suárez
(Mestra do alumnado de 5º e 6º de primaria do
centro Marpe Altavista, de Las Palmas de Gran Canaria)
|
||
Páxina web (URL)
|
Proyecto Pasapalabra
|
||
Artigo, publicación
(indicar localización)
|
Proxecto desenvolto
mediante a plataforma Webnode.
|
||
Destinatarios
|
Destinado
a tódolos centros interesados en participar na creación de preguntas e
respostas para implementa-la plataforma. Pode xogar calquera persoa.
|
||
Describe brevemente a
innovación tecnolóxica
|
Configura unha rede de
centros creando un vínculo motivacional coa creación dun xogo fora do ámbito
académico, pero cun contido claramente curricular. Adapta o contido dun
programa televisivo a unha plataforma na internet.
|
||
Describe brevemente a
innovación metodolóxica
|
Trátase
da creación dunha rede de aprendizaxe, vinculando a todos aqueles centros que
teñan interese en participar na creación do xogo. Polo tanto non só permite
aprender a través do xogo, senón que tamén ofrece a posibilidade de
participar na súa creación recoñecendo a súa autoría. O alumnado participa de
forma activa no proceso, tanto na creación como no desfrute.
|
||
Outros datos de
interese
|
Para nós, é un exemplo da
transformación do proceso de ensinanza-aprendizaxe a través do xogo.
|
||