Ola camaradas:
Na clase teórica desta semana
levamos a acabo un ensaio cunha innovadora aplicación chamada ClassDojo. Esta ferramenta naceu no ano
2011, e foi creada por dous británicos chamados Sam Chaudhary e Liam Don co fin
de deseñar unha aplicación virtual que permitise a interacción
familias-alumnado-profesorado. Así, dita plataforma online permite ó persoal
docente xestionar a súa aula a través de puntuacións a modo de
retroalimentación sobre o comportamento do alumnado de forma accesible, aberta
e personalizable.
Trátase pois, dun sistema de
recompensa que se guía polos valores preestablecidos na comunidade virtual. O mestre
ou mestra correspondente será o encargado de administrar en exclusiva tanto os
valores, como as puntuacións, xerando sempre as aulas que sexan necesarias para
o seu traballo: aula co primeiro curso, co alumnado de inglés, de terceiro...
tantas como desexe.
Por outra banda, esta plataforma
virtual tamén facilita a participación das familias integrándoas no proceso de
ensino-aprendizaxe a través da súa participación activa xa que, dita ferramenta,
permite a comunicación docente-familia informando sobre cuestións como: as
notas das súas crianzas, o comportamento destas, etc. todo isto a través da
opción de Class Story. Para que esta aplicación cobre sentido e funcione
correctamente pódense crear tres contas diferentes en función de quen vaia a
se-lo usuario que a vaia a usar: familias, docentes e alumnado; cada unha cun
rol diferente. Podedes picar na icona para ver un exemplo das invitacións que
se envían as persoas que queren pasar a ser parte da comunidade.
Unha vez aclaradas estas pautas
principais, fusionámonos co grupo de AluTICnante (Uxía, Laura, David
e María), para levalo a cabo conxuntamente nun simulacro da comunidade na aula que
denominamos Xoaniña.
Dentro do propio grupo de aula,
crearonse tantos avatares como persoas participantes. Estes monicreques ofrecen
a posibilidade de ser customizados ó custo da persoa usuaria, como vemos no
exemplo:
Tamén fixamos, de forma
consensuada cales serían as finalidades, as características ou os trazos que
deberían observarse para o bo funcionamento do grupo, servindo de guían para
outorgar as puntuacións: Amor, cooperación, empatía, perseveranza, egoísmo,
faltas de respecto, etc. As cualificacións obtidas polo alumnado exprésanse en
forma de gráfica, como a seguinte, que pertence a nosa compañeira María:
Antes de esclarecer as vantaxes e
desvantaxes que o grupo percibiu trala experiencia de utilizar ClassDojo, gustaríanos presentarvos un
caso real dunha mestra que usa ClassDojo.
na súa aula. Estamos a falar de Miren
Pardo, unha profesora de Educación Infantil que imparte clase a nenos de 4
anos nun colexio público de Castelló. Esta profesora explícanos, a través desta
entrevista,
como utiliza ela o ClassDojo e outras aplicacións virtuais na súa aula. Así,
relátanos que para ela foi todo un logro o implantar este sistema na súa clase,
xa que, como ben di permite facer que os
alumnos asimilen, de forma divertida, as normas de conduta e os aspectos para
mellorar no día a día.
Xa para finalizar esta entrada
sobre o ClassDojo e as súas implicacións na aula, o grupo fusionado estableceu
unha serie de vantaxes e desvantaxes que, trala súa propia experiencia,
destacou:
Vantaxes do
ClassDojo:
֍
Permite comunicarche (como persoal docente) coas
familias sen ter que estar cara a cara.
֍
Ademais de poder ver as puntuacións dos seus fillos
e fillas e de ver como estes progresan no seu proceso de ensino-aprendizaxe,
permite establecer un chat directo co
persoal docente para manter directamente unha conversación online.
֍
Trátase dunha plataforma de acceso gratuíto, só tes que dispoñer do material
necesario (Computador, móbil, tablet, etc) e acceso a Internet para poder
usalo.
֍
Permite unha comunicación sincrónica e
individualizada.
֍
Anima ó alumnado para participar e prestar máis
atención en clase xa que os puntos ou eses selos
adoitan estimular esas accións. A crianzas percíbeno como un xogo.
֍
Trátase dunha plataforma creada orixinalmente en
inglés pero que ten a vantaxe de estar traducida por Chrome.
֍
É unha multiplataforma, xa que se pode usar tanto
para Android como para iOS.
֍
A través dela pódese estipular con claridade os
fins que se pretenden alcanzar no grupo, presentándose dunha maneira clara para
as crianzas.
֍
Permite unha retroalimentación continúa (Persoal
docente-familias e Persoal docente-alumnado).
Desvantaxes do ClassDojo:
ᴥ
Fomenta a competitividade, xa que os nenos e as
nenas poden enfrontarse por querer obter máis puntuacións positivas.
ᴥ
Crea unha sensación de vixilancia constante.
ᴥ
Pode xerar pelexas entre as crianzas, por
converterse en favorito da persoa docente.
ᴥ
Penaliza pero non facilita unhas pautas de
corrección adecuadas, é dicir, outorga puntuacións negativas pero non explica
extensivamente o porqué dese castigo.
ᴥ
Utiliza unha linguaxe non inclusivo.
ᴥ
Diminúe o contacto real e físico.
ᴥ
Depende necesariamente das conexións a
Internet.
ᴥ
Ligado ao anterior, pode levar a posibles equívocos
na expresión e comprensión da información que se está dando.
ᴥ
Vértense datos persoais na rede.
Gustaríanos que
valorásedes a aplicación por vós mesmos, para que así poidades comprobar en
primeira persoa o rendemento que lle podedes sacar, e articular a vosa opinión
ó respecto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario