Ola camaradas!
Agardamos que a preocupación non aniñase en vós ó ver que nos
demorábamos coa presentación da nosa WebQuest sobre o Pobo Castrexo Galego.
Pese a que na nosa última entrada estabamos alporizadas porque Edilim nos
estaba trolleando, finalmente saimos vitoriosas da confrontación, e
logramos crear as nosas actividades e incrustalas na WebQuest.
É convinte explicar que unha WebQuest é un modelo didáctico
deseñado para levar a cabo unha investigación guiada, na que a moiría da
información procede de internet. (O termo foi proposto por Bernie Dodge no ano
1.995). Asi mesmo, segundo Adell Segura (2004) as WebQuest son un tipo de
actividade didáctica, fundamentadas en presupostos constructivistas, que
traballan en base a metodoloxía de investigación. Parte dun proceso de
planificación docente a través do que se ofertan unha serie de actividades, ás
que só se accede a través de internet, e un sistema de avaliación continua e
final. Igualmente, é interesante a conceptualización que fai Fierro Monteagudo
(2005) ó respecto, definindo as WebQuest como un xeito de combina-los recursos
informáticos e o traballo cooperativo, procurando unha potencialidade da
creación no mesmo, o que sen dúbida fomenta o aprendizaxe significativo.
Así pois, para a creación deste recurso empregamos Weebly,
a mesma plataforma para a creación de sitios web gratuítos que anteriormente
nos permitira crear FaunAPP. O groso dos contidos da
WebQuest son aqueles que creamos con EducaPlay e Edilim, ós que xa fixemos
referencia nas anteriores entradas, pero tamén se inclúen os recursos que
seleccionamos para o noso póster multimedia de Glogster.
Convidámosvos a visitar a nosa WebQuest, na que atoparedes unha chea de
datos interesantes sobre a cultura castrexa da Galiza, como as características
das súas construccións, as actividades que realizaban no seu día a día, os materiais
que empregaban para a fabricación de aparellos de uso diario e abelorios, etc.
Ademáis, tamén atoparedes datos sobre a súa localización xeográfica na nosa
Comunidade Autónoma.
Durante a súa elaboración, tentamos ser meticulosas e concienciudas tanto
nos contidos como no apartado visual, aspirando a unha creación atractiva e
motivadora para as crianzas. Así mesmo, procuramos que o noso recurso fose
aplicable a un amplo número de contextos e niveis madurativos, para así
aumenta-las súas posibilidades de uso.
Dito isto, aquí vos deixamos a nosa WebQuest: O Pobo Castrexo Galego. Agardamos que
vos guste e que vos animedes a facer algún comentario ou aportación á mesma!
Ben camaradas, aquí remata a nosa experiencia con TIC no contexto
educativo este ano. Sentimos unha gran ledicia e xúbilo polos coñecementos
adquiridos e as experiencias vividas, principalmente as compartidas, xa que
como ben sabedes, son as que mellor sabor teñen.
Non queremos deixar de agradecer ás nosas mestras Paz e Esther a paciencia, o reforzo e o apoio adicado, así como ó noso grupo de iguais toda a axuda brindada de xeito desinteresado en tódalas ocasións en que precisamos dela.
Non queremos deixar de agradecer ás nosas mestras Paz e Esther a paciencia, o reforzo e o apoio adicado, así como ó noso grupo de iguais toda a axuda brindada de xeito desinteresado en tódalas ocasións en que precisamos dela.
REFERENCIAS
Fierro Monteagudo, J. L. (2005). La oportunidad webquest. Didáctica, Innovación y Multimedia.23(2),143-169.Adell, J. (2006). Internet en el aula: las WebQuest. Edutec. Revista electrónica de tecnología educativa.(17).
Caricaturas creadas con http://www.sp-studio.de/
Encántanos o voso Blog! Unha aperta e seguide nelo!
ResponderEliminarMoitas gracias compañeiras! Moito ánimo e un saúdo!
EliminarConcordo coas compañeiras, tendes un traballo excepcional pero tendes o máis importante. as ganas, o entusiasmo e a confianza entre vós. Moita sorte na vosa andaina!!!
ResponderEliminar