Ola camaradas!
Na nosa derradeira sesión antes das vacacións de pascua conseguimos avanzar un pouco na nosa batalla con EdiLim (o editor de libros interactivos multimedia). Coa axuda da nosa profe Esther, conseguimos hospedar a nosa creación sobre o Pobo Castrexo na nube chiscos, e deste xeito, conseguimos facela accesible a través da súa dirección html! Todo un avance! 💪 Estamos seguras de que estades impacientes por vela pero... ides ter que seguir agardando! 😂
Como contraste a todo o calvario que estamos a padecer con EdiLim, apareceu EducaPlay nas nosas vidas para facer a nosa experiencia TIC un pouco máis sinxela 😍 Trátase dunha plataforma online coa que podemos diseñar actividades interactivas multimedia, e que nos permite integralas posteriormente no noso blog, web, etc. dun xeito moi sinxelo (esta vez sí que o é 😏) e intuitivo. Isto débese a que a propia plataforma nos facilita o código html e tamén o código iframe ó tempo que nos da acceso á actividade creada. Se ben este é un gran atractivo, tamén o é o feito de que permita avaliar e puntua-las actividades. Incluso hai un ranking na propia plataforma!
Como xa vos castigamos un pouco ó non comparti-lo noso libro interactivo multimedia, imos compartir convosco a nosa creación educaplay sobre os castros da provincia de Pontevedra, pero sen permitirvos que xoguedes! 👿
Se prestades atención á imaxe, veredes que nos permite establecer o número de intentos que temos para realiza-la actividade, que nos cronometra o tempo que empregamos en facela e que nos asigna unha puntuación en función do acertado das nosas respostas.
Non deixedes de visitar EducaPlay e navegar entre os seus recursos, quen sabe! poida que vos atopedes coa nosa! 😎
Ata a volta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario