Exercicio de Teoría do tema VII
A continuación expoñemos a nosa análise sobre o vídeo didáctico recomendado na aula:
Análise
dun vídeo didáctico
|
||
Título
|
Fluvi, te enseña a cuidar
el agua.
|
|
Duración
|
3’ 57’’
|
|
Posibles
obxectivos do vídeo
|
A área na que mellor se encadra o contido do vídeo é a das Ciencias da
Natureza, posto que a temática abarca dende o coidado do medio ambiente, ata
o ciclo da auga, pasando pola función de nutrición das plantas.
O nivel para o que pode ser empregado o vídeo é máis difícil de precisar.
Polos contidos pode que terceiro ou cuarto de Educación Primaria, pero
quizais a iconografía empregada e a linguaxe nos podería indicar outro nivel.
|
|
Función
didáctica
|
O función deste
vídeo pode que sexa máis de tipo informativa ou presentativa, facilitando un
tipo de información que tanto polo formato como polo deseño distan da
interacción.
Así pois a súa
posibilidade de uso estaría máis restrinxida ó vídeo-apoio, aínda que tamén é
susceptible de ser empregada como vídeo-lección para o alumnado cun
coñecemento suficiente sobre os contidos.
|
|
Contidos,
conceptos e ideas contemplados
|
O vídeo está estruturado en dúas partes; medidas de aforro da auga para o
coidado do medio ambiente e o ciclo da auga. Polo que pode ser empregado de
forma fragmentada para tratar medidas de coidado na natureza, xa que
proporciona unha serie de consellos a seguir para contribuír ó coidado do
medio ambiente.
Tamén, de forma fragmentada pode ser empregado para traballar o ciclo da
auga. De forma máis específica pódese empregar para comprender as distintas
reservas da auga coas que nos podemos atopar no planeta Terra, o tempo
atmosférico ou os estados nos que se atopan os elementos na natureza: sólido,
líquido e gasoso. Quizais, dunha forma máis puntual, tamén podería ser empregalo
para complementar explicación do proceso de nutrición das plantas.
No referente ós contidos, semella que aborda os dous temas dunha forma
diferenciada, e aínda que ámbalas partes gardan relación entre si, xa que as
dúas fan alusión á temática da auga, aparecen de forma claramente separada.
No fragmento dedicado ó ciclo da auga faise unha breve introdución, incluíndo
incluso un novo personaxe que chama a atención dos espectadores. Pola contra,
na primeira parte non aparece unha introdución clara. O vídeo segue unha
secuencia lineal, pola que non existe un fío argumental máis aló do temático.
Os consellos que se ofrecen sobre o uso responsable da auga aparecen de forma
illada.
En xeral, podería realizarse un mapa de contidos a través do seguimento
do vídeo. Se ben na primeira parte xiraría entorno os consellos sobre o uso
responsable da auga; na segunda parte o mapa conceptual implicaría unha
previa comprensión dos conceptos xa explicados.
Na primeira parte do vídeo as competencias que traballa son de tipo actitudinal,
pois busca xerar uns hábitos de comportamento responsables. Pola contra, na
segunda parte do vídeo as competencias son de tipo conceptual, pois coa
explicación procúrase favorecer a memorización e o coñecemento de
determinados conceptos.
|
|
Área
de coñecemento apropiada para o seu uso
|
Como xa
mencionamos anteriormente, a área máis adecuada para o seu uso sería a de
Ciencias da Natureza. Aínda que, sendo creativas, podería empregarse para
traballar a comprensión oral na área de Lingua Castelá e Literatura, pero nun
nivel superior, pois o acento e o léxico empregado obstaculizan a
comprensión, tendo que recorrer a interpretación lingüística guiada polo
contexto.
|
|
ACTIVIDADES
|
Previas
|
No caso de emprega-lo vídeo para
traballar o ciclo da auga, podemos
facer unha sondaxe de ideas previas para coñecer o que o alumado sabe dese
contido.
Así pois, podémoslle pedir que debuxen un río, o seu nacemento e a súa
desembocadura, e que coloreen a auga que transcorre a través dese río. Para
rematar faremos unha pregunta que cause inquedanza: que ocorre cando a auga chega o mar?
|
Durante
|
Nunha ficha que
conteña varios debuxos desordenados sobre a secuencia explicada do ciclo da
auga, deberán ir anotando a orde en que cada paso foi explicado no vídeo.
Esta actividade serve para procurar unha atención sostida no tempo e
implicalos no visionado, ó mesmo tempo que lles serve de guía para que
reparen nos conceptos máis importantes para nós.
|
|
Posteriores
|
Finalmente, realizaremos en clase unha maqueta que represente o ciclo da
auga. O alumnado, guiándose pola ficha cumprimentada durante o visionado,
será o encargado de decidir os pasos, e de xeito cooperativo repartirán as
tarefas e as realizarán.
|