Etiquetas

venres, 27 de xaneiro de 2017

As TIC, ese gran descoñecido

A risco de xerar polémica ou discordancia, para falar das TIC eu empregaría o subtítulo: As TIC, ese gran descoñecido. Se  ben é certo que estas forman parte da nosa vida ata o estremo de converterse nun apéndice máis do noso corpo; teñen unha potencialidade aínda descoñecida para a gran maioría dos usuarios e das usuarias. Moitos de nós vémonos empurrados pola necesidade de actualización constante que é demandada dende todos os ámbitos da vida: sociais, culturais, laborais… O custo que este uso obrigado e continuado supón para nós é aínda descoñecido, pero nos introduce nun círculo vicioso de querer/ter que usalas dunha forma constante para interaccionar co mundo: renovarse ou morrer.
Para min, este feito é especialmente palpable no campo da educación, no que, visto os testemuños de moitos compañeiros e compañeiras, o seu uso se resumiu nalgúns caso a un mírame y no me toques; feito que hoxe en día segue padecéndose en moitos centros de ensino. Pode que moitos profesionais se viran obrigados a introducir estas tecnoloxías na aula sen os coñecementos necesarios, non só no relativo ó funcionamento, senón sobre o significado que eses novos materias tiñan para a vida das persoas en xeral e para o funcionamento na clase en particular. Entendo que é importante un bo coñecemento das ferramentas que nos traemos entre mans para poder acompañar ó noso alumnado nun consciente e correcto uso. Se ben é incuestionable os beneficios que aportan, si hai que cuestionarse canto, cando, como, por que e para que. Esa creo que é a tarefa do docente, mentres a do alumnado é descubrir e crear o mundo co seu uso.
Así pois, son necesarias de forma innegable, pero tendo en conta que máis non ten porque ser mellor, ou neste caso si?

xoves, 26 de xaneiro de 2017

Ana e as TIC na educación

Vou comezar dicindo que pola miña idade (nacín no ano 1985), cando eu asistín á escola primaria, non existían as TIC. Non tiñamos ordenadores, nin pizarras dixitais nas aulas. O máis tecnolóxico que empregábamos era o radiocasette para facer os listening da asignatura de inglés, ou o video de VHS para ver algún documental na televisión.
Así, xérame certo abraio comprobar como nun período de tempo de algo máis dúas décadas, os materiais dixitais foron quen de facerse cun posto case principal no proceso de ensinanza. Sen ir máis lonxe, o uso de plataformas dixitais (estilo faitic) para comunicarnos cos profesores e subir á rede os nosos traballos da facultade, causoume unha gran sorpresa.
Superado o desconcerto inicial, puiden comprobar a súa utilidade e funcionalidade, xa que permite acceder a unha chea de contido sen ter que imprimilo nin conseguilo fisicamente. 
Dito isto, non dubido de que se as TIC son útiles na ensinanza universitaria, o serán tamén na primaria, permitindo dinamizar os contidos existentes, e incluso permitíndolle ó alumnado a creación de novos contidos que teñan un maior atractivo e encanto para eles.
Xunto con isto, debemos destacar que cada vez é maior o peso das TIC non soamente na educación, senón na sociedade en xeral, polo que tódalas persoas debemos ter un coñecemento das mesmas o máis amplo posible, e no noso caso máis, xa que se presupón que no futuro seremos docentes.

Vos que pensades? 👀

Benvid@s!

Este é un blog creado para a asignatura de Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación, que cursamos na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do Campus de Pontevedra, baixo a orientación da nosa mestra, Paz Gonzalo.
Somos Ana e Cris, alumnas do primeiro curso de Educación Primaria, e agardamos que este sexa un espazo de aprendizaxe e formación continuada, onde poidamos compartir as nosas inquedanzas e descubrimentos.


Para ir abrindo boca, queremos contextualizar un pouco a importancia das TIC na educación de hoxe en día. Así, os acelerados cambios que vive a humanidade requiren novos tipos de coñecementos e capacidades que faciliten a adaptación a un mundo con sobreabundancia de información e en rápida evolución (Vivancos Martí, 2013). Para dar resposta a estes retos, una das competencias clave fixadas polo Parlamento Europeo refírese á competencia dixital, que conleva un uso seguro e crítico das TIC, xa que o dominio das mesmas constitúe un medio para adquirir novos coñecementos. 


Aínda que é certo que una revolución tecnolóxica non ten que ser en si mesma un avance, e segue habendo hoxe moitas voces que se preguntan hacia donde nos levan as TIC e cales serán os seus resultados, a proliferación de medios que inflúen nos alumnos e nos seus coñecementos implica que a escola non pode permanecer allea a esta realidade, e debe cambiar o seu rol hacia unha maior especialización, e adoptar unha actitude máis explicativa de aqueles datos que os alumnos xa coñecen. É dicir, trátase de ensinar a discernir, controlando a imaxinación pero deixando actuar á liberdade creativa (Montolío Tena, 2011).


Polo tanto, o emprego das TIC na ensinanza require un proceso de adaptación que implica cambios no traballo do mestrado co alumnado, podendo potenciar esta interacción. É dicir, a educación normativa ou formal que se imparte na escola debe adaptarse á realidade social empregando os mesmos medios tecnolóxicos que esta (Trigueros Cano, Sánchez Ibáñez e Vera Muñoz, 2012). Así, as TIC brindan excelentes oportunidades para desenvolver as capacidades de comunicación, análise, resolución de problemas, gestión e recuperación da información. Internet non é a panacea da didáctica, pero é unha ferramenta que debe facilitar ó alumnado a aprendizaxe, e ó profesorado a preparación das clases actualizadas e motivadoras (Prats y Albert, 2004).

Para
rematar, é unha obviedade que tanto o mestrado como o alumnado nunca van ser sustituídos pola tecnoloxía, pero os seus papeles si se ven afectados. Como futuros docentes debemos posuír novas habilidades e capacidades, e familiarizarnos co software apropiado, así como planificar e incorporar as novas tecnoloxías nas nosas programacións.
Nesta liña, debemos referirnos á necesidade de coñecer e empregar, obviamente en clave formativa, as TIC. E non soamente porque estén a configurar dun xeito diferente o mundo, o coñecemento e a sociedade, nin porque o alumno ten o dereito de que se lle forme para o mundo do futuro, que é no que desenvolverá todas esas competencias que pretendemos axudarlle a conseguir e que está marcado polas TIC; senón porque o propio alumno, influenciado polos novos medios de comunicación, construíu un modelo de comunicación co que se relaciona co mundo, e ese modelo é, en boa medida, diferente do das xeracións anteriores (Crespo Comesaña, 2011).

 Vós que pensades? Estades de acordo? Non dubidedes en participar e intercambiar con nós as vosas experiencias e reflexións! 😉

BIBLIOGRAFÍA
CRESPO COMESAÑA, J.M. (2011). El educador competente. En Cantón Mayo, I y Pino Juste, M.R. (2011). Diseño y desarrollo del currículum (pp 41-55).Madrid, España: Alianza Editorial.
MONTOLÍO TENA, M.C. (2011) Las TIC en la Educación Primaria en la Provincia de Teruel. Recuperado en: https://dialnet.unirioja.es/servlet/tesis?codigo=26797
PRATS, J. y ALBERT, M. (2004). Enseñar utilizando Internet como recurso. Íber. Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia, (41), 8-18.
TRIGUEROS CANO, F.J., SÁNCHEZ IBÁÑEZ, R. e VERA MUÑOZ, M.I. (2012). El profesorado de Educación Primaria ante las TIC: realidad y retos. REIFOP, 15 (1), 101-112. Recuperado en: http://aufop.com/aufop/revistas/arta/digital/166/1702
VIVANCOS MARTÍ, J. (2013). El futuro de la educación y las TIC. Revista Padres y Maestros, (351), 22-25. Recuperado en: https://revistas.upcomillas.es/index.php/padresymaestros/article/view/1047/891



Cute Black Pencil