Etiquetas

venres, 17 de febreiro de 2017

Creando a realidade aumentada con Pestalozzi

Ola camaradas!
Na sesión de hoxe aprendemos a empregar algunhas novas aplicacións, e tamén coñecemos máis profundamente ó pedagogo mundialmente coñecido, Johann Heinrich Pestalozzi.
Como paso previo ó desenvolvemento do traballo, foi significativa a toma de conciencia sobre a importancia que teñen as aportacións pedagóxicas precedentes na nosa formación, ás que debemos achegarnos con curiosidade e interés, xa que serán os faros que alumeen o noso camiño profesional e persoal. 🎇

Dado que o noso obxectivo era crear un cuadro de realidade aumentada sobre Pestalozzi, tivemos que seguir unha serie de pasos para acadalo, polo que o noso fluxo de traballo foi: en primeiro lugar, empregamos Pinterest para crear un taboleiro exclusivo para o autor, integrando no mesmo aqueles datos importantes e característicos deste sobresaínte pedagogo. A continuación, filtramos e estructuramos toda a información para poder xerar un mapa mental no que se relacionen os principais contidos relevantes sobre a vida e a obra de Pestalozzi. Para elaborar dito mapa mental, empregamos Popplet, que é unha aplicación que nos permite estruturar e organizar as nosas ideas de xeito gráfico, ademáis de contemplar a posibilidade de traballar de xeito colaborativo con outras persoas. A nós parécenos que quedou precioso, e a vós?



Cando tivemos listo o mapa conceptual de Pestalozzi, a nosa mestra Paz facilitounos un folio cunha imaxe do autor, a que customizamos ó noso gusto. Parécevos que quedou molón dabondo?



Unha vez Pestalozzi estivo transformado, escollemos unha frase célebre do que foi o seu ideario: "Un niño que no se siente querido, dificilmente puede ser educado", e empregando ChatterPix Kids, conseguimos crear unha animación! Abraiante, non? 😱 



Pois aínda hai máis! Por se non alucinaramos bastante con ChatterPix Kids, hoxe coñecemos Aurasma, que é un sistema de realidade aumentada, que emprega a cámara para identifica-lo obxectos que ten diante en tempo real, e superpón sobre eles a animación que nós lle especifiquemos, dotándoos de vida. Como fixeron as nosas camaradas do blog AluTICnante, queremos darvos unha alternativa dispoñible para tódolos dispositivos desta aPP: trátase de QuiverVision, que conta con 3 pacs para diferentes usos, entre os que se atopa o enfocado ó mundo educativo. Podedes botarlle un vistazo para valorala.
Para o noso proxecto empregamos a mencionada Aurasma, un debuxo customizado do autor e a nosa animación do mesmo, creando unha aura espectacular! 
Estamos seguras de que non podedes agardar para vela, polo que non vos faremos esperar máis, aquí a tedes:



Esta forma de traballar logrou unha maior implicación no traballo, xa que entraron en xogo variables emocionais e motivacionais ó tratarse dunha actividade pouco dirixida e con moitas posibilidades de creatividade. Esta flexibilidade nas pautas da tarefa posibilitou a creación dun sistema propio de traballo en cada grupo, redundando nunha evidente vantaxe: o fluxo de traballo viña marcado polas características e aptitudes de cada grupo. Esta forma innovadora de trata-lo tema, mellora e potencia a motivación hacia o mesmo, dando lugar a un producto máis creativo, mellor e máis completo.
Unido á motivación e á singularidade do proceso en cada grupo, é case obrigatorio falar do sentimento de liberdade que nos invadiu nesta tarefa, xa que non se nos pedía un dossier sobre o autor, senón que nós, baixo o noso propio criterio, valorasemos o que nos parecía máis importante e interesante acerca da súa persoa. Isto ten como lóxica consecuencia que o noso producto esté máis empapado das nosas esencias, dende a elección da frase, ata a dos colores e formas cos que customizamos a súa imaxe.

Para que vos abraides un pouco, e non paredes de flipar, imos compartir con vos o increíble uso que fixo desta aplicación o alumnado da escola Juan de Lanuza. As crianzas desenvolveron un proxecto de realidade aumentada centrándose na saga xuvenil de J. K. Rowling, Harry Potter. A nós parecenos unha actividade abraiante levada a cabo cunha creatividade extraordinaria, xa que fan un uso multidisciplinar da aplicación. Deixámosvos o link para que o vexades:


Por outra banda, o colexio CBM Hernández Ardieta empregou Aurasma para a iniciación á lectura de lingua castelá e inglés, así como para contar a historia dos países da Unión Europea, seguindo o libro Vuelo por Europa. Para coñece-la experiencia, facede clik aquí.

Xa para rematar, queremos compartir con vós unha idea que se nos ocorreu para aplicar no noso futuro, mentres realizabamos esta actividade: poderiamos empregar a realidade aumentada para relatar feitos históricos ou relevantes da nosa contorna, apoiándonos en elementos físicos que contribuíran a forxar a identidade histórica da nosa localidade. Por unha banda, as crianzas implicaríanse libremente no proxecto elixindo eles mesmos ata o último detalle, e por outra banda, adquirirían moitas competencias relacionadas coa historia, a lingua, a cultura, etc, ó ter que indagar e descubrir as cousas por si mesmos.

Convidámosvos a que a poñades en práctica e nos contedes os vosos resultados!😎

Sobre a entrevista a Yuval Noah Harari...

O escritor Yuval Noah Harari ofrece unha visión de futuro que mestura o catastrofismo apocalíptico co denominador común máis habitual de todas as civilizacións precedentes: a división social en clases. Na primeira lectura o que máis sorprende é o uso da palabra evolución, cando o que realmente evoca na mente é o contrario: involución. Isto queda latente en explicacións como esta:
El mundo es ahora mucho más igualitario entre razas, entre clases, entre géneros, incluso entre padres e hijos. Esto ahora quizá va a invertirse. Veremos mayores desigualdades que en cualquier otro momento de la historia. Podremos ver a una pequeñísima minoría de personas que monopolice el poder económico y político, los algoritmos y la tecnología, y utilice este enorme poder para empezar a mejorar biológicamente y crear clases biológicas.
Este historiador israelí, na súa visión de futuro, da a entender que é necesario que a poboación estea o suficientemente prepara para non quedar excluída dese grupo maioritario que resultará innecesario para a vida do grupo hexemónico. Será a primeira vez na historia, na que as persoas que non aportan algo ó mundo tecnolóxico, non conten.
A pesares de que presaxia que, nos novos tempos, as ideoloxías e os valores irán cambiando, parece importante transmitir ó alumando unha serie de valores máis humanos, que enriquezan esa nova visión tecnolóxica. O futuro estudantado ha de estar preparado para poder afrontar esa nova realidade, ha de ser quen de, tendo en conta o respecto de valores sociais como cooperación, colaboración e igualdade, desenvolver un pensamento crítico que lle axude a valorar as diferentes formas nas que a tecnoloxía pode contribuír a aportar o benestar á vida de tódolos seres humanos. Non só desde unha perspectiva economicista, senón tendo en conta o sen fin de posibilidades que se abren con cada novo avance, sen deixar de lado ó resto da poboación. Unha vez máis, a formación ética ten que ir máis aló do que está ben ou do que está mal para a raza humana, e centrarse no que debe ser a coexistencia en igualdade de todos os seres humanos.
Xoga un papel moi importante, xunto a colaboración e á creatividade, o pensamento crítico: Yuval Noah Harari afirma na súa entrevista que a nosa capacidade de decisión está sendo cedida á tecnoloxía a pasos axigantados. É importante facer conscientes ás crianzas desta realidade e do que implica, procurando axudalos a desenvolver un pensamento crítico que lles axude a discernir esa delegación de poder como a avaliar as situacións nas que se produce e o abano de posibilidades que se lles presenta.
Por outra banda, tamén cómpre que a educación contribúa a concienciar da importancia da formación continuada, máis que nunca necesaria, nun escenario de cambio constante que require plasticidade e capacidade de modelaxe, para saber adaptarse de forma rápida e eficaz ás continuas aportacións.
Non pretende ser un ataque en contra da tecnoloxía, máis ben, a intención é de defender a tecnoloxía dende un punto máis humanista: tecnoloxía humanizada: feita por persoas, para persoas.

mércores, 15 de febreiro de 2017

ACTIVIDADE TEMA 2 - Do aprender repetindo ó aprender creando

O profesor Areas Moreira, no seu artigo que leva por título: Reinventar la escuela en la sociedad digital. Del aprender repitiendo al aprender creando, fai un análise dos diferentes estudos feitos nos últimos anos sobre o impacto das TIC na escola: a súa implantación, a pedagoxía que as integra e a súa eficacia.
Dende o punto de vista de Areas Moreira (2014) existe unha concepción pedagóxica que impide o uso innovador das tecnoloxías: trátase do modelo de ensinanza tradicional baseado na exposición e transmisión de información, no que denomina a pedagogía de la repetición (p.172). Este modelo utiliza as TIC como un complemento ou substitutivo do papel; mantendo o mesmo obxectivo e finalidade; non deixando espazo para a innovación. Sinala, pois, que esta maneira de empregar as TIC é a tendencia dominante no noso entorno escolar, dándolle o nome: Pedagogía del aprender repitiendo con TIC (p. 173). Esta falta de cambio no modelo docente explicaría porque, a pesares da notable inversión que se fixo para achegar os materiais tecnolóxicos ós centros, non se viu reflectido na innovación educativa. Cómpre cuestionarse o modelo tradicional, interrogándose sobre como e que hai que ensinar e como conectar a cultura escolar coa social do ciberespazo.
Despois de ver o que non debería de ser a educación, Areas Moreira céntrase en analizar as características que debería de ter a boa práctica educativa. Para poder aspirar a unha praxes educativa, cómpre reformular e adaptar tódolos elementos do contexto educativa á nova realidade sociocultural. Ó longo do artigo, sinala as aportacións das diferentes investigacións levadas a cabo no panorama nacional e internacional nas que se determinan as competencias que se requiren para desenvolver a actividade na sociedade tecnolóxica, sintetizándoas en saber resolver problemas prácticos, saber buscar e analizar información útil e relevante para certos propósitos, desenvolver o pensamento crítico, saber traballar colaborativamente con outros nunha mesma tarefa ou proxecto, ser capaz de expresarse e comunicarse utilizando distintas linguaxes e formatos expresivos en distintas situacións, e manter permanentemente unha actitude positiva cara o cambio e a innovación (p.179-180). Para lograr desenvolver ditas competencias en cada persoa, avoga pola denominada como pedagoxía del aprender actuando o creando (p.180). Esta pedagoxía caracterízase por  ter en conta que a información e a cultura son cambiante e líquidas, polo tanto o saber debe ser considerado como un proceso de aprendizaxe continuado. A ensinanza constitúese como a creación de escenarios e situacións de aprendizaxe, no que o currículo se organiza a partir das competencias e coñecementos interdisciplinarios. Así pois, a avaliación realizarase para analizar e comprobar a posibilidade de mellora dos produtos resultantes. O aprendizaxe fórxase a partir da experiencia activa que se reconstrúe teoricamente. A escola desenvolver un papel de facilitadora de saberes, contribuíndo o desenvolvemento das competencias.
O papel do profesorado e do estudantado é diferente, por un lado, o doente é o de guía, titor que organiza as situacións de aprendizaxe e apoio durante o proceso, mentres que polo outro, o alumando convértese nun prosumidor e actor. O aprendizaxe requirirá de interacción social, o que permitirá a realización de tarefas de forma individual ou en pequenos grupos.
A Web concíbese como un ecosistema educativo aberto, social que está en constante transformación, da que se servirán para levar a cabo proxectos. A interacción e a comunicación realizarase a través da rede, requirindo unha conexión permanente a internet, traballando de forma virtual. Este entorno educativo novo, implica o uso dun linguaxe e formatos expresivos multimodais.
Así pois, segundo Areas Moreira, unha boa práctica da pedagoxía con TIC acorde a Pedagoxía do aprender creando ten que ser innovadora, exemplar e transferible a outras situacións e contextos; facilitando ó alumnado experiencias de aprendizaxe nas que o estudantado figure como suxeito activo; coherente cos principios de ensinanza-aprendizaxe que segue o modelo socioconstrutivista; a súa práctica ten que figurar no currículo e formularse interdisciplinarmente; facer un uso pedagóxico das TIC e do ciberespazo; e fomentar as experiencias de comunicación social na rede.
Para poder implantar este modelo pedagóxico, o papel do alumnado ten que ser totalmente activo. Eles e elas elaborarán o coñecemento de forma persoal, orixinal e creativa, dunha forma autónoma e construtiva. Serán os responsables do seu propio aprendizaxe: marcando os seu propio obxectivos, as actividades a realizar e avaliando o progreso propio e das compañeiras e compañeiros. Para poder levalo a cabo, establecerá un diálogo cos demais artefactos culturais ós que teñan acceso, nun entorno educativo organizado e xestionado pola persoa docente. 
Nesta mesma liña, déixovos unha entrevista a Fernando Trujillo, profesor da Universidade de Granada, experto na ensinanza de idiomas e o uso educativo das TIC e ABP. Ademais de da-la súa visión sobre a necesidade da innovación pedagóxica, trata sobre a inclusión das TIC na aula. Neste sentido, o profesor Fernando Trujillo afirma que lo que falta es que nosotros sepamos unir las piezas del rompecabezas, que sepamos apostar por estrategias de enseñanza que promuevan la colaboración y la comunicación. Además, hay que introducir una visión crítica. Pinchade aquí para poder lela! Espero que vos guste!

ACTIVIDADE TEMA 1 - Diferencias tecnolóxicas no facer a través de dúas xeracións

Na actividade obrigatoria proposta na sesión de aula teórica do tema 1, fíxosenos reflexionar sobre o contraste existente na forma de afronta-la vida cotiá de vai uns anos ata agora. Para iso, tivemos que pensar en dúas actividades que os nosos proxenitores realizaran de forma diferente a como a realizamos hoxe en día, e que esa diferenza radique no uso da tecnoloxía.
Despois de pensar nas miñas actividades cotiás, decidinme por compara-la forma na que se xestiona unha viaxe longa ou unhas vacacións e a forma na que se facían e fan as felicitacións de aniversario.
No caso da xestión dunha viaxe a diferencia faise máis notoria na participación activa do individuo. Mentres os nosos proxenitores optaban maioritariamente por acudir a unha axencia de viaxe, na que, tras facilitar os datos pertinentes ofrecían un paquete de viaxe cerrado máis ou menos adaptado ás características das persoas interesadas. Na actualidade é o propio usuariado o que, dende o lugar que desexe, no momento que desexe pode organizar a súa propia viaxe, co nivel de concreción que desexe. Na actualidade posúese un maior grado de autonomía, pero tamén de responsabilidade, sendo necesarias competencias para poder manexarse nese entorno e sacarlle o proveito desexado. Non basta con contratar servizos, tamén cómpre saber buscalos, analizalos, comparalos e tomar unha decisión favorable e responsable. Neste aspecto cobra especial importancia a educación para axudar a cada persoa a descubrir as competencias necesarias no manexo destes recursos dunha forma crítica e adecuada.  
No caso das felicitacións do aniversario a diferencia maniféstase en diferentes planos: dende a forma de recordar ata a forma de tramitala. Hai anos os aniversarios recordábanse gracias á propia memoria de cada persoa, e tramitábanse ben por cartas persoais, incluso postais feitas para os aniversarios, ou por teléfono, de forma colectiva, na que todas as persoas que formaban parte do fogar, se colocaban ó redor do aparello para poder aproveitar unha única chamada. Na actualidade, a meirande parte dos casos nos que felicitamos a alguén, tende a ser gracias a un recordatorio instalado nalgún dispositivo externo a nós; ben sexa virtual, unha memoria virtual adherida como complemento dalgunha app, ou na memoria de algún aparello electrónico. Se temos iso en conta, temos que recoñecer que se fixo un transvase da nosa propia memoria a outros dispositivos, feito que nos fai dependentes deles; xa non son só ferramentas, agora son parte de nós.
Seguindo co análise das diferenzas na maneira de felicitar, cómpre falar da forma: na actualidade, ó saíren dos propios dispositivos non levan a pegada da persoa, no sentido máis físico; pois sexa vía app, ou vía mensaxe de calquera índole, o formato que nos chega ten como único testemuño da súa orixe o remitente do mesmo, posto que nin a letra nin a sinatura o transmiten. A pesar diso, hai que ter en conta que tamén se nos brinda a posibilidade de facer felicitacións “en directo”, é dicir mediante vídeo chamada ou programas que permitan conexión inmediata, co cal se crea a sensación de estar compartindo o mesmo espazo e tempo, o que fai máis próxima a situación.

Dende logo, o que si queda patente é a necesidade de entender o poder que se lle conferiu ás TIC e a súa labor no noso día a día. O feito de que hoxe en día se considere que vivimos na sociedade do coñecemento non é algo illado, senón que revela a transcendencia da tecnoloxía, e en particular da Tecnoloxía da Información e da Comunicación na nosa forma de vida, como individuos e como persoas pertencentes a unha sociedade. 
Esta realidade fai que a sociedade en xeral, e a docencia en particular teña que tomar conciencia da importancia de incidir na educación dunha nova competencia que precisamos para manexarnos con elas, e potencialas para que o seu uso sexa inadecuado ou abusivo. En palabras de Inmaculada Fernández Fernández (2010):
Si queremos que nuestra sociedad no solo sea de la información, sino también del conocimiento, será necesario trabajar desde un enfoque pedagógico para realizar un uso adecuado de las TIC, a través del cual la creación de comunidades de aprendizaje virtuales y el tratamiento de la información, la generación de nuevas estrategias de comunicación y de aprendizaje sean imprescindibles.
Por iso, e seguindo a esta mesma autora, entendemos que o uso destas tecnoloxías a nivel escolar non radica na formación en contidos, senón que se basea na necesidade de ensinar a aprender durante toda a vida. O importante pasan a ser as competencias, a capacidade analítica e de decisión do alumnado en diferentes situacións vivenciais; non só en ter informaicón, senón tamén en ser quen de seleccionala, analizala, criticala, desbotala e saber utilizar de forma responsable a información, que non esquezamos, está ó acceso de todo o público. O coñecemento adquiriu un papel secundario, cedéndolle o protagonismo ás operacións que realiza el cerebro con ese coñecemento.
Lóxica consecuencia desta concepción é a transformación do papel do profesorado, deixando de lado o papel de transmisor de información e pasando a desempeñar un papel de facilitador, asesor e deseñador do aprendizaxe, procurando proporcionar unha estrutura inicial que propicie a súa interacción e na que se contemplen diferentes perspectivas de traballo (Cabero Almenara, 2007).


BIBLIOGRAFÍA
Cabero Almenara, J. (2007). Las necesidades de las TIC en el ámbito educativo:
oportunidades, riesgos y necesidades. Tecnología y comunicación educativas, 21(45), 5-19. Recuperado de http://cmapspublic2.ihmc.us/rid=1M92QZKRZ-XM42B8-1QZZ/caberne.pdf (02/03/2017).
Fernández Fernández, I. (2010). Las TICs en el ámbito educativo. Eduinnova

21. Recuperado de http://www.eduinnova.es/abril2010/tic_educativo.pdf (02/03/2017).

martes, 14 de febreiro de 2017

Actividade Tema 2 - Artigo de Manuel Area Moreira

Ola amigos! Nesta entrada vou compartir con vós unha análise sobre o artigo de Manuel Area Moreira, Reinventar la escuela en la sociedad digital. Del aprender repitiendo al aprender creando, a partir de tres cuestións:

1. ¿Que concepción pedagóxica impide un uso innovador da tecnoloxía? 
No devandito artigo, Area Moreira plantéxanos a cuestión de se realmente a inclusión das TIC nas políticas educativas están favorecendo a innovación e a transoformación da educación nas escolas, e cita un estudo de casos de A. Marchesi y E. Martín (2003) no que se conclúe que o modelo de ensinanza que comparten a mayoría do profesorado e o alumnado emprega as TIC con carácter expositivo ou de transmisión de información, polo que non supón necesariamente unha innovación significativa no modelo de ensinanza tradicional. Así, os autores deste estudo conclúen que o emprego das TIC non altera o obxetivo da educación transmisiva traidiconal: aprender uns contidos para despois avaliarse dos mesmos.

2. ¿Que características debe ter unha boa práctica educativa?
Ó longo do artigo, Area Moreira pon de manifestó que as practicas educativas coas TIC nos contextos de aula non están representando unha renovación do proceso de ensinanza, xa que seguimos a percibir a escola como unha institución que educa para transmitir o coñecemento elaborado polas xeracións anteriores ás novas. Nesta liña, o autor sinala unha gran cantidade de autores e estudos que avalan a idea de que os novos aprendizaxes e métodos instructivos non deben centrarse na simple transmisión de educación, como é habitual, senón que deben estar orientados á resolución de problemas prácticos, á busca de información útil e relevante, á análise e ó pensamento crítico, a ter unha actitude positiva hacia a innovación e ó traballo colaborativo en equipo.
Isto implicaría desenvolver unha pedagoxía apoiada nas TIC que favorecera a formación do alumnado como suxeito activo que reconstrúe e da significado á información que obtén; o cuestionamento do monopolio do libro de texto como única fonte de coñecemento; a organización de tarefas e actividades que impliquen o emprego da tecnoloxía e o traballo colaborativo, etc

3. ¿Que papel debe xogar o estudante nunha boa práctica educativa?
O concepto da pedagoxía do aprender creando é a antítese dos métodos de aprendizaxe por recepción e repetición, polo que a aprendizaxe debe construirse a través da actividade e da reflexión sobre a experiencia, poñendo énfase nas destrezas, nos coñecementos funcionais e na apropiación persoal dos saberes. Todo isto levaría a unha aprendizaxe innovadora que se basearía nun papel activo por parte do alumnado, é dicir, concíbese a aprendizaxe como un proceso experiencial de diálogo do alumnado cos demáis artefactos culturais, sempre organizada e xestionada esa experiencia polo equipo docente.

Que pensades respecto ó que acabamos de exponer? Ocórrensevos outras ideas? Non dubidedes en compartir! 😊



Cute Black Pencil